Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2015

Novela coral na Compostela miserable e corrompida: «Conduce rápido», de Diego Ameixeiras. Crítica de Camiño Noia

Camiño Noia publicou en Protexta unha recensión crítica sobre a novela Conduce rápido, de Diego Ameixeiras. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Presentación en Noia de “dun lago escuro” de Marta Dacosta

O venres, 29 de maio, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura de Noia, terá lugar a presentación do libro dun lago escuro de Marta Dacosta. Premio Johán Carballeira 2013. No acto, organizado por A Lanzadeira de Alcor e Xerais, participarán Manuel L. Rodríguez (representante de A Lanzadeira de Alcor) e Marta Dacosta.

Presentación en Lalín de “Cabalos e lobos” de Fran P. Lorenzo

O venres, 29 de maio, ás 20:00 horas, na libraría Vagalume, rúa D, número, 4 de Lalín, terá lugar a presentación do libro Cabalos e lobos de Fran P. Lorenzo. Premio Blanco Amor, 2014. No acto participará Xan Salgueiro, xornalista delegado do “Faro de Vigo” en Lalín e Fran P. Lorenzo.

Presentación en Melide de “Galicia Encantada” edición de Antonio Reigosa

O venres, 29 de maio, ás 20:00 horas, no Museo Terra de Melide, terá lugar a presentacion do libro Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías edición de Antonio Reigosa. No acto participarán Antonio Reigosa e o actor  Avelino González que narrará algunhas das historias que contén o libro.

Presentación en Bruxelas de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O mércores, 27 de maio, ás 19:00 horas, en La Tentatión: Centro Galego de Bruxelas, Lakensestraat 28, 1000 Bruxelas, Bélxica, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. No acto tamén terá lugar a Performance “Océano para terrícolas”: Xurxo Souto, con alegría e humor,  interpretará as súas propias composicións co seu acordeón diatónico.

«Sira e o robot. Adventures on Titan»: galego e inglés con música. Anotación en Redelectura

 Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou unha anotación sobre o libro-disco  Sira e o robot (adventures on Titan) de Mark Wiersma e Miguel Mosqueira Fociños, ilustrado por Iván Sende.   Sira e o robot. Adventures on Titan. Galego e inglés con música Sira e o robot.

Héctor Carré: «O dereito á información é fundamental na democracia»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co escritor Héctor Carré sobre a novela Hai que matalos a todos.

Recoméndoo vivamente: «A neve interminable» de Agustín Fernández Paz. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre A neve interminable, de Agustín Fernández Paz. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Vailles encantar: «Escarlatina, a cociñeira defunta», de Ledicia Costas. Crítica de Amadeo Cobas

Amadeo Cobas publicou en Protexta unha recensión de Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.

Novidade: «Astérix gladiador». A sonada viaxe a Roma dos dous heroes galos

Astérix gladiador é unha novidade de Xerais. Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos… Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor.

90 orixinais nos Xerais 2015

O xurado da XXXII edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.

Narrativa afouta: «Son noxento», de María Xosé Queizán. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a novela Son noxento, de María Xosé Queizán.     NARRATIVA AFOUTA María Xosé Queizán, na súa última novela, aperta as caravillas a asuntos tabús ou case ignorados na narrativa galega, procurando unha resposta activa a quen se achegue a estas páxinas.