Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2015

Amañando o mundo: o humor na novela «O laboratorio do doutor Nogueira», de Agustín Fernández Paz. Crítica de Armando Requeixo

O último número da revista Criaturas inclúe unha recensión crítica de  Armando Requeixo sobre o humor na novela O laboratorio do doutor Nogueira, de Agustín Fernández Paz. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Fran P. Lorenzo no ” Vermú entre libros” da libraría Paz de Pontevedra

O sábado, 9 de maio, ás 12:30 horas, Fran P. Lorenzo será o autor convidado no Vermú entre libros da libraría Paz, rúa Peregrina, 29 de Pontevedra. O autor de Cabalos e lobos, Premio Blanco Amor de Novela, 2014, conversará coa xornalista Carme Vidal.

Fran P. Lorenzo: «Vigo é unha fonte infinita de historias por contar»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Fran P. Lorenzo sobre Cabalos e lobos, gañadora do Premio Blanco Amor de Novela 2014. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Poética do cotián que trascende: «oso mamá, si», de María Lado. Crítica de Montse Pena Presas

Montse Pena Presas publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre o libro de poemas oso, mamá, si?, de María Lado. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Héctor Carré une novela negra e xornalismo en «Hai que matalos a todos»

O xornal La Voz de Galicia  publica unha información de Xesús Fraga sobre a novela Hai que matalos a todos, de Héctor Carré. (Foto de Fran Carrera).

As estratexias represivas do franquismo: «Medo político e control social na retagarda franquista» de Lucio Martínez Pereda. Crítica de Alfredo Iglesias

Alfredo Iglesias Diéguez publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre o libro Medo político e control social na retagarda franquista, de  Lucio Martínez Pereda. A recensión crítica pode lerse ou descargase en pdf nesta ligazón.

Texto de Xaquín de Roca sobre «Costa do Solpor», de Xosé Mª Lema

Galicia Dixital publica un texto de Xaquín de Roca lido na presentación da novela Costa do Solpor  de Xosé Mª Lema.     A costa do solpor Que pinto eu, Xaquín de Roca, que son de terra adentro, falando do mar fisterrán e da Costa da Morte, cando o primeiro barco no que entrei foi na Lancha de Mugardos cando xa tiña 26 anos.

Fran P. Lorenzo: «Era un reto contar unha historia que existiu e que non estaba narrada»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista con Fran P. Lorenzo sobre Cabalos e lobos, gañadora do Premio Blanco Amor de Novela 2014.

Fermosa descuberta: «Funambulistas», de Mercedes Leobalde. Anotación de Riveiro Coello

O escritor Antón Riveiro Coello publicou no blog de Barbantia unha anotación sobre Funambulistas de Mercedes Leobalde, XVI Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole.     «Funambulistas», de Mercedes Leobalde Hai uns días falaba aquí dun libro de microrrelatos de Núñez Singala do que gustara moito, aínda que non fora ningunha sorpresa porque xa lle lera outras cousas interesantes e sabía dos seus dotes para a escrita.

Os tabús do ámbito privado: «Son noxento», de María Xosé Queizán. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou unha anotación sobre a presentación da novela Son noxento, de María Xosé Queizán.   «Son noxento» Acompañei onte a María Xosé Queizán en Compostela na presentación na Feira do Libro de Son noxento, a súa décima novela.

«Colmeiro por si mesmo», de Xosé Antón Castro e Carlos G. Reigosa. As claves dun pintor que uniu tradición e vangarda

Comeiro por si mesmo, de Xosé Antón Castro e Carlos Reigosa, é unha novidade da colección Crónica. O pintor Manuel Colmeiro (1901-1999) é unha figura cume do Movemento Renovador da Arte Galega, xunto con Maside, Torres, Souto, Laxeiro, Eiroa e Fernández Mazas. Tamén é un protagonista indiscutido da «École Espagnole de Paris», que agrupa creadores como Picasso, Dalí, Miró, Gris, Bores etc.

Fran P. Lorenzo: «O reto da novela era facer confluír a dimensión íntima coa dimensión histórica nun mesmo espazo»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Ana Romaní a Fran P. Lorenzo sobre Cabalos e lobos, gañadora do Premio Blanco Amor de Novela 2014.