Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2015

Entretemento e testemuña: «Hai que matalos a todos», de Héctor Carré. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet unha recensión crítica sobre a novela Hai que matalos a todos, de Héctor Carré.

A precocidade de Filgueira. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou unha anotación sobre a presentación de Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual, de Xesús Alonso Montero. O xornal El Correo Gallego publicou, así mesmo, unha entrevista con Xosé Fernando Filgueira.

Laureano Xoaquín Araujo Cardalda: «A revolución feminista implica unha gran mutación antropolóxica, e nós somos os homiños pillados no medio»

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista ao poeta Laureano Xoaquín Araujo Cardalda sobre o poemario Os días condenados. Fragmentos para un devocionario, Premio de Poesía Gonzalo López Abente 2014.

Marcos Calveiro: «Escribir deixou de ser imprescindible para min»

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil ao escritor Marcos Calveiro, especialmente centrada en As palabras poden matar.   Marcos Calveiro: «Escribir deixou de ser imprescindible para min» As palabras poden matar (Xerais) é unha das últimas obras narrativas que quedaban na gabeta de Marcos Calveiro (Vilagarcía, 1968).

Presentación na Coruña de “Hai que matalos a todos” de Héctor Carré

O xoves, 7 de maio, ás 20:00 horas, na Fnac, praza de Lugo, s/nº da Coruña, terá lugar a presentación do libro Hai que matalos a todos de Héctor Carré. No acto participarán Fran Alonso e Héctor Carré e os actores Daniel Currás, Luisa Merelas e César Cambeiro farán unha lectura dramatizada de textos da novela.

As fiestras do pasado: «Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

«Cabalos e lobos», de Fran P. Lorenzo, e «A neve interminable», de Agustín Fernández Paz encabezan o ranquing da Tabela dos libros

Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, e A neve interminable, de Agustín Fernández Paz, sitúanse no primeiro e terceiro posto respectivamente dos libros máis recomendados no mes de marzo na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

«Cabalos e lobos», «Escarlatina, a cociñeira defunta», «Atravesar o fantasma» e «O Miño. Un caudal de historia», libros máis vendidos en abril

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de febreiro a partir da información proporcionada por 9 librarías galegas. Cabalos e lobos, de Fran P.

Cando a razón non o explica todo: «A neve interminable» de Agustín Fernández Paz. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre A neve interminable, a nova novela de Agustín Fernández Paz.

Ismael Ramos gaña o XVIII Premio Johan Carballeira de Poesía con «Os fillos da fame»

Acaba de fallarse o XVIII Premio Johan Carballeira de Poesía, do Concello de Bueu, recaendo o galardón no poemario Os fillos da fame, de Ismael Ramos (Mazaricos, 1994). O libro, como en edicións anteriores, será publicado por Xerais. O xurado estivo composto por Ramón Blanco, María do Carme Caramés e Luís Valle.

Xesús Alonso Montero: «A obra de Filgueira Valverde é un capítulo grandioso da historia da literatura galega de todos os tempos»

O Diario de Ferrol publicou unha entrevista de Nicolás Vidal a Xesús Alonso Montero sobre Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Vicente Araguas: «Joyce sen Dublín sería outra cousa. Eu, sen Xuvia-Neda, tamén»

Noticieirogalego.com publicou unha entrevista que lle fixo Carlos Loureiro Rodríguez a Vicente Araguas.   Vicente Araguas: «Sentíame máis autoexiliado aquí, naquela ditadura noxenta» Vicente Araguas (Xuvia-Neda-Ferrol, 1950) foi un dos fundadores do grupo musical “Voces Ceibes” no ano 1968. No 1972 irase a Escocia dende onde volverá no 1974 para se radicar definitivamente en Madrid.