Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2015

Blanca Ana Roig Rechou: «Hoxe en Galicia, desde o sistema educativo, case non se coñece a literatura infantil e xuvenil porque non está implantada nos plans de estudo»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Blanca Ana Roig Rechou sobre o libro Historia da literatura Infantil e Xuvenil Galega.

A voz dun clásico: «A rula, o peluche e a nena», de Paco Martín. Radiocrítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo abordou na sección Radiocrítica de Ames Radio o comentario crítico sobre A rula, o peluche e a nena, de Paco Martín, ilustrado por Belén Martín Franco (18:14).

Premios Xerais 2015. Entrevistas: Cé Orquestra Pantasma (César Freiría)

Á procura de respostas: «Rubicundo», de María Canosa, finalista do Premio Merlín 2014

Alba Rozas Arceo publicou en El Correo Gallego unha recensión crítica sobre Rubicundo, de María Canosa. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Pedro Feijoo: «Se me podo considerar asentado nalgún espazo é na confianza dos lectores»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Pedro Feijoo en torno ao Premio Sanclemente concedido á nova novela A memoria da choiva. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Dous títulos imprescindibles: «Astérix e os godos« e «Astérix gladiador». Crítica en Brabádegos

O blog Brabádegos publicou unha anotación sobre os dous novos títulos de Astérix que acaba de editar Xerais: Astérix e os godos e Astérix gladiador.     Astérix e Obélix Aos do souto sempre nos gustou ler, desde cativos démoslle a todos, e devoramos libros en todos os formatos e tamén, como non, cómics.

Premios Xerais 2015. Entrevistas: Miguel Vázquez Freire

Biosbardia recomenda unha lista de lecturas para o verán 2015

O blog Biosbardia, o blog literario de César Lorenzo Gil, recomenda unha lista de lecturas para este verán. Extraemos as correspondentes aos libros publicados por Xerais.     Coa calor entra a modorra, as ganas de non facer nada, esa luz a medias atractiva a medias perigosa porque nos sufoca. Amais dunha sombra, poucas cousas hai máis saborosas no verán que aproveitar ese estado de perpetuo sono para a lectura á sombra.

Presentación en Bueu de “Dragal IV. A estirpe do dragón” de Elena Gallego Abad

O sábado, 27 de xuño, ás 20:30 horas, na Sala Amelia Domínguez Búa, rúa Eduardo Vicenti, 2 de Bueu, terá lugar a presentación do libro Dragal IV. A estirpe do dragón de Elena Gallego Abad. No acto, organizado polo Concello de Bueu, a librería Miranda e Xerais e coa colaboración da Asociación Club Golfiños, participarán Manuel Bragado e Elena Gallego Abad.

Presentación en Pontevedra de “Un animal chamado néboa” de Ledicia Costas

O sábado, 27 de xuño, ás 12:30 horas, na libraría Paz, rúa Peregrina, 29 de Pontevedra, terá lugar o “Vermú entre libros” con Un animal chamado néboa de Ledicia Costas. No acto participarán Prudencio Viveiro e Ledicia Costas.

Presentación en Vigo de “Cabalos e lobos” de Fran P. Lorenzo

O xoves, 25 de xuño, ás 20:00 horas, no Restaurante 7ª pranta de El Corte Inglés de Vigo, terá lugar a presentación da novela Cabalos e lobos de Fran P. Lorenzo XXXII Premio Blanco Amor de Novela. No acto participarán Teresa Cuíñas, Manuel Bragado e Fran P. Lorenzo.

Premios Xerais 2015. Entrevistas: Héctor Cajaraville