Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2015

Érica Esmorís: «O Premio Merlín é unha transfusión de confianza»

A Revista do Diario de Pontevedra publicou unha longa entrevista de María Varela a Érica Esmorís, autora de Nena e o mar, obra gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015. A entrevista pode lerse completa ou descargarse en pdf nesta ligazón.

O «Ciclo dos elementos» de María Reimóndez. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre A música dos seres vivos, a nova novela de María Reimóndez que se une as outras dúas xa existentes do Ciclo dos Elementos.     «Ciclo dos elementos» de María Reimóndez Pasei a fin de semana lendo A música dos seres vivos, a novela máis recente de María Reimóndez a terceira do seu «Ciclo dos elementos».

Personaxes na corda frouxa: «Funambulistas», de Mercedes Leobalde. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre Funambulistas de Mercedes Leobalde, XVI Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole.

Antonio Reigosa: «Temos a obriga de reinventarnos xeración a xeración»

Noticieirogalego.com publicou unha entrevista que lle fixo Carlos Loureiro Rodríguez ao escritor Antonio Reigosa.     Antonio Reigosa: «O inmaterial é a tona da cultura, a pel que a protexe das agresións colonizadoras» Antonio Reigosa (Mondoñedo, 1958).

Emma Pedreira, Premio López Abente de Poesía co libro «S/T»

A escritora Emma Pedreira resultou gañadora esta fin de semana do Premio López Abente de Poesía co libro S/T, un poemario que publicará Xerais. O xurado, composto polos poetas X. H. Rivadulla Corcón, Miguel A. Mato Fondo e Modesto Fraga –actuando como secretaria Viki Rivadulla– escolleu a obra da autora coruñesa por unanimidade.

Abrirnos os ollos cun libro que te deixa esnaquizado: «Un animal chamado néboa», de Ledicia Costas. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión crítica sobre sobre Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas.     «Un animal chamado néboa», de Ledicia Costas Resulta ben complicado achegarse a esta páxina en branco para falar dun libro que te deixa esnaquizado. Cando menos, é o que a min me ocorre arestora, logo de rematar Un animal chamado néboa de Ledicia Costas, publicado por Xerais.

Gloriosa ambición: «Cabalos e lobos», de Fran P. Lorenzo. Crítica de Jaureguizar

O xornalista e escritor Jaureguizar publica en El Progreso unha opinión crítica sobre a novela Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo. A crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Premios Xerais 2015. Entrevistas: Érica Esmorís

As contradicións da vida moderna: «Raclette», de Santiago Cortegoso Calvar

La Voz de Galicia publicou unha recensión de X. F.  sobre Raclette, de Santiago Cortegoso Calvar, Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais 2014. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Medo, misterio e terror: «A neve interminable» de Agustín Fernández Paz. Anotacións en Brétemas e Caderno da crítica

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de A neve interminable, de Agustín Fernández Paz. Do mesmo xeito, o crítico Ramón Nicolás tamén deu noticia do acto no seu blog Caderno da Crítica.

Cun garfo cravado na boca do estómago: «Un animal chamado néboa», de Ledicia Costas. Anotación de Antonio M. Fraga

O escritor Antonio M. Fraga publicou no seu blog O Lugar do Sapo unha anotación crítica sobre Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas.   Néboa Lin a pasada fin de semana “Un animal chamado néboa”, de Ledicia Costas. Fíxeno nunha tarde, dunha soa tirada. O libro atoume á cadeira e non me deu tregua até a derradeira páxina. Goceino e sufrino case a partes iguais. Cun garfo cravado na boca do estómago.

A vida que pasa: «oso mamá, si», de María Lado. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro de poemas oso, mamá, si?, de María Lado.   A vida que pasa María Lado é quen de erixir en dezaseis poemas un universo que vai, probablemente, máis alá dunha reflexión sobre a maternidade pois, se ben parte desa experiencia, fura sempre nos estereotipos.