Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2015

Novidade: «O segredo da Illa Negra», de Agustín Fernández Paz. A historia dunha aldea da beiramar

O segredo da Illa Negra, de Agustín Fernández Paz é unha novidade da colección Sopa de Libros. Sara vive nunha aldea da beiramar, onde a pesca é o único medio de vida. Un día os barcos comezan a vir baleiros, só hai peixes nas proximidades da Illa Negra, onde habita unha cruel Serea. Uriel, o irmán de Sara, vai botar as redes nesas augas e alí cae prisioneiro da Serea.

Reportaxe no ZigZag sobre os últimos libros de Agustín Fernández Paz

O programa ZigZag da TVG emitiu unha reportaxe sobre Agustín Fernández Paz centrada nas novelas A viaxe de Gagarin, A neve interminable e O segredo da illa negra.

Na Galicia do ano 2050, cando o inglés é lingua cooficial: «Sira e o robot», libro disco bilingüe. Entrevista na Radio Galega

O programa Galicia por Diante da Radio Galega emitiu unha entrevista cos autores de Sira e o robot (adventures on Titan), Mark Wiersma e Miguel Mosqueira Fociños.

Novela con moitos significados, profunda e divertida: «A antesala luminosa», de Antonio Tizón. Texto de Jesús Cubillo

Reproducimos o texto do psiquiatra Jesús Cubillo lido na presentación da novela A antesala luminosa, de Antonio Tizón, o pasado xoves 28 de maio na APEM (Asociación Pro Enfermos Mentais) da Coruña.   Novela con moitos significados, profunda e divertida.

«Historia da literatura Infantil e Xuvenil Galega», coordinado por Blanca Ana Roig Rechou, entre os libros máis valorados do mes

Historia da literatura Infantil e Xuvenil Galega, libro coordinado por Blanca Ana Roig Rechou, está entre os libros máis recomendados do mes na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, deArmando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

Encontro con Carlos Negro no Club de Lectura «Lendo no Galiñeiro»

Ramón Nicolás publicou no seu Caderno da crítica unha anotación sobre o encontro que mantivo  Carlos Negro sobre os seus libros de poemas Penúltimas tendencias e Makinaria no Club de Lectura Lendo no Galiñeiro, do IES Valadares.

Rof Codina, o renovador da gandeiría galega

O xornal Faro de Vigo publicou no suplemento Estela unha reportaxe de J. A. Otero Ricart sobre o libro Juan Rof Codina. Renovación na veterinaria e gandaría galega contemporánea, de Diego Conde Gómez.   A reportaxe pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Booktráiler do libro-disco «Sira e o robot»

Este é o booktrailer longo o libro-disco Sira e o robot (adventures on Titan) de Mark Wiersma e Miguel Mosqueira Fociños, ilustrado por Iván Sende. O booktráiler dura 3:00 minutos con novas cancións e escenas. Esta peza audiovisual describe en detalle esta aventura única –unha especie de ópera (pos)moderna e políglota–.

As claves da vida e obra de Colmeiro nun libro de entrevistas de Xosé Antón Castro e Carlos G. Reigosa

O xornal La Voz de Galicia  publicou unha reportaxe de Xesús Fraga sobre o libro Comeiro por si mesmo, de Xosé Antón Castro e Carlos Reigosa. A reportaxe pode lerse ou descargase en pdf nesta ligazón.

Crítica de Vicente Araguas sobre «Son noxento», de María Xosé Queizán

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre a novela Son noxento, de María Xosé Queizán. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

«Cabalos e lobos», de Fran P. Lorezo, e «Dragal IV», de Elena Gallego Abad, libros máis vendidos en maio

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de maio a partir da información proporcionada por 9 librarías galegas. Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, é o libro máis vendido no  ámbito de Narrativa; seguido de Son noxento, de María Xosé Queizán. Dragal IV.

Mercedes Leobalde estará mañá en Gondomar, no club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura, con «Funambulistas»

A escritora Mercedes Leobalde estará en o martes 2 de xuño ás 20.00 horas na Biblioteca de Gondomar, dentro das actividades do club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura, para falar e intercambiar impresións sobre o seu libro Funambulistas, XVI Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole.