Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2015

Relato a modo de fábula: «A rula, o peluche e a nena», de Paco Martín. Crítica de Isabel Mociño

El Correo Gallego publicou unha recensión crítica de Isabel Mociño sobre A rula, o peluche e a nena, de Paco Martín, ilustrado por Belén Martín Franco. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

A poesía de María Xosé Queizán, na homenaxe «Marías en Acción»

A poesía de María Xosé Queizán escoitouse no acto Marías en Acción, celebrado o pasado sábado en Santiago de Compostela en homenaxe ás mulleres antifascistas represialadas en Galicia e no que participaron Goretti Sanmartín Rei, Marta Lois Encarna Otero Cepeda, Patriza Portopaderne e Lola Ferreiro Díaz. O vídeo pode verse nesta ligazón.

«Dragal» e «Sete Caveiras», de Elena Gallego, no proxecto Nespanishbooks do ICEX

Os libros Dragal e Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad, forman parte do proxecto Newspanishbooks de Venda de Dereitos no Exterior logo de ser seleccionados polo ICEX.

Andrea Maceiras, protagonista

El Correo Gallego dedícalle a sección Protagonistas elixidos á escritora Andrea Maceiras, autora de Europa Express, obra gañadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015.

Crego, poeta, galeguista e antifranquista: «Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de X. Ricardo Losada». Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de X. Ricardo Losada.     O evanxeo bufo de Faustino Rey Romero Presentamos onte na primeira edición da Feira do Libro de Ribeira a biografía que Ricardo Losada preparou de Faustino Rey Romero, o poeta crego galeguista e antifranquista da Xeración da Tebra.

Antón Cortizas: «O xogo popular é cultura lúdica e estámola perdendo»

Faro de Vigo publicou unha entrevista de A. de Santos con Antón Cortizas sobre Xogando con gatos, a obra gañadora do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil.   Antón Cortizas: «O xogo popular é cultura lúdica e estámola perdendo» Xogando con gatos, a obra gañadora do Premio Manuel María de literatura dramática infantil, ten unha dobre vertente.

Historias de retallos: «Conduce rápido», de Diego Ameixeiras. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre a novela Conduce rápido, de Diego Ameixeiras. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación en Pontedeume de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O sábado, 18 de xullo, ás 20:00 horas, no Patio da Casa da Cultura de Pontedeume, terá lugar a performance interactiva “Océano para Terrícolas” de Xurxo Souto sobre o libro Contos do mar de Irlanda. O acto está incluído dentro das actividades de celebración da Festa da Patria que organiza o Colectivo Terra de Pontedeume.

Ledicia Costas: «Quería tratar a II Guerra Mundial de xeito descarnado, directo, sen panos quentes»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista a Ledicia Costas sobre a súa novela Un animal chamado néboa.   A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Anxo Fariña: «Para min a imaxinación é a máis sorprendente das facultades humanas»

Noticieirogalego.com publicou unha entrevista que lle fixo Carlos Loureiro Rodríguez ao escritor e ilustrador Anxo Fariña.     Anxo Fariña: «Para min a imaxinación é a máis sorprendente das facultades humanas» Anxo X. Fariña Temprano (Vigo, 1977).

Manuel Rivas presentará na Feira da Coruña «A boca da terra», un libro de «poesía insurxente»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicouen Brétemas unha anotación sobre o libro de poemas A boca da terra, de Manuel Rivas, que sairá nos próximos días.   «A boca da terra» de Manuel Rivas Mandamos onte a fabricar A boca da terra, o novo poemario de Manuel Rivas. Un libro de 56 poemas de natureza insurxente, organizado en tres seccións: «A terra que se esconde», «A báscula de Ohio« e «Oracións funebres».

Novidade: «Xogando con gatos», de Antón Cortizas. Cando os cativos xa non enredan como se facía antes

Xogando con gatos, de Antón Cortizas, obra gañadora do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil é unha novidade da Biblioteca Dramática Galega de Xerais. Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, 2014 Constátase que hoxe en día os cativos e as cativas non brincan nin enredan coma se facía décadas atrás. É a mudanza dos tempos.