Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2015

Xerais na Feira do Libro de Ribeira (do 16 ao 19 de xullo)

Do 16 ao 19 de xullo terá lugar a Feira do Libro de Ribeira na que Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 17 de xullo, venres 20:30 h.: Presentación de Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo de X. Ricardo Losada con Manuel Cartea e Manuel Bragado. Día 19 de xullo,  domingo 13:30 h.: Presentación de Rubicundo de María Canosa 21:00 h.:  Presentación de Galicia Encantada.

Banda deseñada clásica. Anotación en Redelectura

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou unha anotación sobre Astérix e os godos e Astérix gladiador.   Banda deseñada clásica Volver aos cómics clásicos, ás series que fan lectores. Bandas deseñadas para rir e rir e rir e… volver a rir. E rindo recuperamos as referencias dun mundo que sigue vivo.

Acontecementos reais, moi duros, mesturados con historias fantásticas: «O Gran Reino», de Eduardo Santiago. Anotación na revista Clij

A revista Clij publica unha recensión sobre a novela O Gran Reino, de Eduardo Santiago, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2014. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Novidade: «A galera de Xelmírez», de Xabier Paz. Unha viaxe transformadora

A novela A galera de Xelmírez, de Xabier Paz, é unha novidade de Xerais Narrativa para este verán. Por encargo do arcebispo de Compostela dous homes novos e un mozo parten de Pisa cara a Iria para construír unha nave de guerra. O piloto e mestre Fuxón Bonincontro, o carpinteiro de ribeira Stefano Bagnoli e o aprendiz Francesco Nuti atravesan a península polo camiño como tantos outros peregrinos, inda que eles non o sexan.

O político Xoaquín Fernández Leiceaga descóbrese como novelista con «Agosto de memoria e morte»

O xornal Sermos Galiza publicou unha información sobre a publicación de Agosto de memoria e morte, de Xoaquín Fernández Leiceaga, que estará nas vindeiras semanas nas librarías.

Novidade: «Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de X. Ricardo Losada». A biografía do crego e poeta antifranquista

Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de X. Ricardo Losada, é unha novidade da colección Crónica de Xerais. Nesta biografía de Faustino Rey Romero (1921-1971), o crego e poeta antifranquista de Isorna (Rianxo), recóllense moitos dos sorprendentes comentarios que sobre el foi escoitando Xosé Ricardo Losada, autor da obra, na súa vila natal.

Premios Xerais 2015. Entrevistas: María Canosa

Presentación na Coruña de “A galera de Xelmírez” de Xabier Paz

O mércores, 15 de xullo, ás 20:00 horas, na Berbiriana, rúa Santiago, 7 (porta real) da Coruña, terá lugar a presentación do libro A galera de Xelmírez de Xabier Paz. No acto participarán Begoña Varela e Xabier Paz.

María Reimóndez: «Dende o punto de vista da estrutura, esta novela foi o meu maior desafío»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista a María Reimóndez sobre a súa nova novela A música dos seres vivos.   A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «Agosto de memoria e morte», de Xoaquín Fernández Leiceaga. Unha novela negra cos pés na memoria

Agosto de memoria e morte é unha novela de Xoaquín Fernández Leiceaga, novidade da colección Narrativa de Xerais para este verán. Agosto, últimos anos do franquismo. Un promotor inmobiliario, ben relacionado cos notables locais, aparece morto. Un neófito policía deberá asumir a investigación. Corrupción? Conflitos empresariais? Asuntos familiares? En canto apareza outro corpo, as elites locais sentiranse ameazadas.

Fran P. Lorenzo: «O meu obxectivo era que os lectores descubran un vigo cun pasado do que se sentir orgullosos»

Atlántico Diario publicou unha entrevista de Ana Baena a Fran P. Lorenzo sobre a novela Cabalos e lobos, gañadora do Premio Blanco Amor de Novela 2014.     FRAN P. LORENZO AUTOR DE “CABALOS E LOBOS”, VISITOU ONTE A FEIRA DO LIBRO ‘O meu obxectivo era que os lectores descubran un vigo cun pasado do que se sentir orgullosos’ Hai uns meses, Fran P.

Premios Xerais 2015. Entrevistas: Gracia Santorum