Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2015

Érica Esmorís, protagonista

El Correo Gallego dedícalle a sección Protagonistas elixidos á escritora Érica Esmorís, autora de Nena e o mar, obra gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015.

Elena Gallego: «Conseguir que un dragón medre dá traballo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Borja Abelleira a  Elena Gallego Abad sobre Dragal IV, A estirpe do Dragón e toda a serie Dragal. A entrevista pode escoitarse lerse ou descargarse nesta ligazón.

Brillante debut, entre o drama, o thriller e o retrato social: «Cabalos e lobos», de Fran P. Lorenzo. Crítica de Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre a novela Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo.   Destecendo segredos nun tempo subterráneo Debuta na narrativa galega o xornalista Fran P. Lorenzo (Vigo, 1973), con Cabalos e lobos, que se fixo merecedora do Premio Blanco Amor de Novela Longa, o máis emblemático da narrativa de noso, mais que non sempre dá no albo.

Diego Ameixeiras: «O protagonista da miña nova novela é un escritor obsesionado cun autor de novela negra dos anos 40»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Xosé Manoel Rodríguez a Diego Ameixeiras.     «A precariedade é o símbolo dos tempos que nos tocaron vivir» O autor ourensán compatibiliza o traballo no audiovisual coa literatura Por aquilo de que as fronteiras galegas son unha lenda que se perde na orixe dos tempos, Diego Ameixeiras é un ourensán do barrio do Couto ao que lle deu por nacer en Suíza.

Pedro Feijoo: «Nunca me sentín só no proceso creativo»

O escritor Pedro Feijoo foi entrevista en Localia TV Vigo por Jacobo Buceta pola obtención do Premio Arcebispo Xoán de San Clemente coa súa novela A memoria da choiva.

Elena Gallego: «O dragón non ten cancelas»

O programa Un sitio á sombra, da Radio Galega, emitiu unha entrevista con Elena Gallego Abad sobre Dragal IV, A estirpe do Dragón e toda a serie Dragal. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón ente o minuto 10 e o minuto 31,30.

Premios Xerais 2015. Entrevistas: Pedro Feijoo

Manuel María, Letras Galegas 2016

O poeta Manuel María será o homenaxeado ao longo das Letras Galegas 2016 tras resultar elixido este pasado sábado nun pleno extraordinario a Real Academia Galega, institución que subliñou que «o poeta lucense, autor dunha extensa obra e expoñente do activismo político, representa a conciencia e o compromiso inquebrantable coa lingua galega».

Amenidade e boa escrita: «Cuarto minguante», de Bautista Álvarez. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre a novela Cuarto minguante, de Bautista Álvarez. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Ana Acuña: «Brais Pinto, era para eles unha “tapadeira” dunha acción política»

Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a Ana Acuña sobre súa obra Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000).

Pregón de Ledicia Costas na Feira do libro de Vigo.

A escritora Ledicia Costas pronunciou o pregón inaugural da Feira do libro de Vigo 2015. Aquí pode baixarse o texto en pdf e aquí ver a súa gravación en vídeo.

Premios Xerais 2015. Entrevistas: Sofia Tarela, membro do xurado do Premio Xerais de Novela