Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2015

«As palabras poden matar», de Marcos Calveiro. Crítica de Mª Jesús Fernández

A revista Clij publica unha recensión crítica de Mª Jesús Fernández sobre As palabras poden matar, de Marcos Calveiro. A recensión pode lerse ou descargarse neste enlace.

Elvira Riveiro Tobío: «(R)escribo (en parte) o que me rodea, o que vexo, o que leo, o que ouzo, o que me revolve…»

Noticieirogalego.com publicou unha entrevista que lle fixo Carlos Loureiro Rodríguez á poeta Elvira Riveiro Tobío.   Elvira Riveiro Tobío «(R)escribo (en parte) o que me rodea, o que vexo, o que leo, o que ouzo, o que me revolve…» Elvira Riveiro Tobío (Cerponzóns, Pontevedra 1971). Poeta galega que, tras comezar dende moi nova a escribir versos, comezou publicando a obra Andar ao leu (2005).

Premios Xerais 2015. Entrevistas: Itziar Fernández, membro do xurado do Premio Jules Verne de literatura xuvenil

Elena Gallego Abad: «Cada entrega de Dragal evidencia a miña progresión como escritora»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Elena Gallego Abad sobre Dragal IV. A estirpe do Dragón de Elena Gallego Abad e a serie Dragal. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Presentación de “dun lago escuro” de Marta Dacosta na Feira do Libro de Ribadeo

O sábado, 4 de xullo, ás 19:00 horas, na Feira do Libro de Ribadeo, no Parque de San Francisco, terá lugar a presentación do poemario dun lago escuro de Marta Dacosta (Premio Johán Carballeira 2013).

«Cabalos e lobos», de Fran P. Lorenzo, «oso mamá, si?», de maría Lado e «A neve interminable», de Agustín Fernández Paz, libros máis vendidos en xuño

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de xuño a partir da información proporcionada por 10 librarías galegas. Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, é o libro máis vendido no  ámbito de Narrativa; oso, mamá, si?, de María Lado., é o libro máis vendido en Poesía; e A neve interminable, de Agustín Fernández Paz., en Xuvenil.

Premios Xerais 2015. Entrevistas: Celia P. Porto, membro do xurado do Premio Merlín