Publicado o 31 Agosto, 2015 nas categorías Noticias, Poesía, Reedicións
Logo dun mes de ser editado, o libro de poemas A boca da terra, de Manuel Rivas, esgotou a súa primeira edición, confirmando unha aceptación excepcional por parte dos lectores e lectoras. Nestes momentos Xerais está a imprimir a segunda edición deste poemario tan demandado.
Ler máis →
Publicado o 31 Agosto, 2015 nas categorías Críticas, Narrativa
Ramón Nicolás publicou en La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a novela A galera de Xelmírez, de de Xabier Paz.
Da galera á nave de cristal
Dá xenio ler a Xabier Paz pois sempre arroupa con agarimo o seu rexistro literario e con el lévanos aos tempos, ben documentados e espellados con brillantez, da construción dunha galera que sufraga o arcebispo Xelmírez para combater as razzias dos sarracenos.
Ler máis →
Publicado o 31 Agosto, 2015 nas categorías Entrevistas, Monografías
A revista Eco publicou unha longa entrevista de Teresa Rocamonde a Manuel Blanco Desar, coordinador do libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico. (Fotografías de Miguel Muñiz).
A entrevista pode lerse ou descargarse completa en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 31 Agosto, 2015 nas categorías Narrativa, Noticias
La Voz de Galicia publicou unha información de Betsabé Domínguez sobre a próxima novela de Pedro Feijoo, Morena, perigosa e románica, que Xerais publicará a principios do vindeiro mes de outubro.
Pedro Feijoo é autor de dúas novelas de moito éxito de público e crítica: Os fillos do mar (2012) e A memoria da choiva (2013), ambas as dúas galardonadas co Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente.
Ler máis →
Publicado o 31 Agosto, 2015 nas categorías Críticas, Crónica
O Diario de Pontevedra publicou unha recensión sobre o libro Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)», de Xosé Álvarez Castro.
A rencensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 28 Agosto, 2015 nas categorías Audios, Entrevistas, Poesía, Radio
O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista a Manuel Rivas sobre o libro de poemas A boca da terra.
A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 28 Agosto, 2015 nas categorías Artigos literarios, Críticas, Narrativa
Xosé Carlos Caneiro escribiu no seu artigo de La Voz de Galicia sobre Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas.
A néboa
Adoitaba a dicir Gonzalo Torrente Ballester que a néboa facía vivir aos galegos nun mundo de marabilla, ficción, unha intrahistoria particular que os diferenciaba do resto do mundo. A súa literatura, e especialmente o lugar de Castroforte del Baralla, bebe dese universo distinto e distinguido.
Ler máis →
Publicado o 28 Agosto, 2015 nas categorías Blogs, Narrativa, Traducións
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a tradución ao inglés de Polaroid de Suso de Toro.
«Polaroid» de Suso de Toro en inglés
Soubemos onte da recensión publicada en Winstonsdad’s blog sobre a tradución ao inglés de Polaroid de Suso de Toro realizada por Jonathan Dunne e publicada por Small Stations.
Ler máis →
Publicado o 28 Agosto, 2015 nas categorías Audios, Críticas, Narrativa, Radio
O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre a novela Son noxento, de María Xosé Queizán.
A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 28 Agosto, 2015 nas categorías Críticas, Crónica
Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre o libro de fondo: Tal era vivir, de Xosé Vázquez Pintor.
«Tal era vivir»: de novo épicos etnólogos de nós mesmos
Con este terceiro volume, Tal era vivir, remata Xosé Vázquez Pintor, unha obra colosal que o noso sistema literario acolleu, como acontece de cotío, sen apenas se decatar.
Ler máis →
Publicado o 28 Agosto, 2015 nas categorías Autores, Biblioteca Dramática Galega, Entrevistas, Teatro
Noticieirogalego.com publicou unha entrevista que lle fixo Carlos Loureiro Rodríguez a Roberto Salgueiro.
Roberto Salgueiro: no teatro todo é visible
Roberto Salgueiro, (Caracas, 1966) destaca como escritor e como director de teatro galego. A súa primeira obra publicada foi O arce do xardín (gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro, 1988) e que foi levada ao ano seguinte á escena polo Centro Dramático Galego.
Ler máis →
Publicado o 27 Agosto, 2015 nas categorías Críticas, Narrativa
Ramón Nicolás publicou en La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Agosto de memoria e morte de Xoaquín Fernández Leiceaga.
Un «thriller» cos ventos da historia
O ex deputado socialista no Parlamento de Galicia e economista X.
Ler máis →