Publicado o 25 Agosto, 2015 nas categorías Infantil, Noticias, Premios, Xuvenil
Rubicundo de María Canosa; Misión Nova York, da serie Formig4s de Pere Tobaruela; O veleno da risa. Un misterio para Tintimán en Lugo, de Jaureguizar; A neve interminable, de Agustín Fernández Paz e De cristal, de Silvestre Gómez Xurxo, son os libros de Xerais elixidos finalistas nas diferentes categorías da XII edición do Premio Frei Martín Sarmiento.
Ler máis →
Publicado o 25 Agosto, 2015 nas categorías Entrevistas, Fóra de Xogo, Premios_Xerais, Xuvenil
O Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Lucía D. Bóveda a Andrea Maceiras, autora de Europa Express, obra gañadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015.
Ler máis →
Publicado o 25 Agosto, 2015 nas categorías Autores, Entrevistas, Poesía
O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Xesús Fraga a Manuel Rivas sobre o seu novo libro de poemas A boca da terra.
Ler máis →
Publicado o 25 Agosto, 2015 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios
A finais do pasado mes de xullo fallouse no Concello de Ribeira a V edición do concurso de novela curta «Cidade Centenaria», resultando gañadora a obra A cacería de Amadeo López Cobas, natural de Noia. Deste xeito consolídase un certame de novela curta do que xa resultaron gañadores Begoña Paz, Ignacio Silva, Goretti Fariña e David Pobra.
Ler máis →
Publicado o 25 Agosto, 2015 nas categorías Blogs, Críticas, Infantil, Sopa de Libros
O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre O trompetista e a Lúa, de Xelís de Toro, ilustrado por María Lires.
O trompetista e a Lúa
Con ilustracións de María Lires publica Xerais este libro de Xelís de Toro: O trompetista e a Lúa. Unha aventura musical dunha persoa que, sobre todo, persegue os seus soños. E para conseguilos vai necesitar a axuda da mesma Lúa.
Ler máis →
Publicado o 11 Agosto, 2015 nas categorías Autores, Feiras_do_libro, Poesía, Presentacións, Recital poético
O sábado 22 de agosto, ás 20:30 horas, na Praza dos Libros de Carballo Manuel Rivas realizará un recital poético do seu libro A boca da terra.
Ler máis →
Publicado o 11 Agosto, 2015 nas categorías Feiras_do_libro, Merlín, Noticias, Presentacións
O mércores, 12 de agosto, ás 20:15 horas, na Feira do Libro de Cee terá lugar a presentación do libro Rubicundo de María Canosa, ilustrado por Nuria Díaz.
Ler máis →
Publicado o 6 Agosto, 2015 nas categorías Autores, Biografía, Crónica, Presentacións
O venres, 7 de agosto, ás 20:30 horas, no salón de plenos do Concello de Sanxenxo, organizada pola Librería Nós, terá lugar a presentación do libro Xose Filgueira Valverde. Biografía intelectual de Xesús Alonso Montero. No acto participarán o autor, Fernando Filgueira (presidente da Fundación Filgueira Valverde), Manuel Bragado (editor) e Xaime Corral (libreiro).
Ler máis →