Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2015

Relatos históricos baseados en feitos reais que estarrecen: «Un animal chamado néboa», de Ledicia Costas. Crítica de Pilar Ponte

O Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Pilar Ponte sobre Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación na Illa de Arousa de “Interferencias” de Manuel Seixas

O sábado, 3 de outubro, ás 20:30 horas, no Auditorio da Illa de Arousa, terá lugar a presentación da novela Interferencias de Manuel Seixas. O acto contará coa participación de Carlos Blanco e Manuel Seixas que farán un pequeno concerto/recital poético a dúo.

Presentación en Santiago de “Interferencias” de Manuel Seixas

O venres, 2 de outubro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, de Santiago, terá lugar a presentación do libro Interferencias de Manuel Seixas. No acto participarán María Pérez Vázquez, Manuel Bragado e Manuel Seixas.

Onde a vida é pura resistencia: «As palabras poden matar», de Marcos Calveiro. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre sobre As palabras poden matar, de Marcos Calveiro.

Unha obra sublime, perfecta, coa que se ensina a xogar: «Xogando con gatos», de Antón Cortizas. Crítica en Brabádegos

Brabádegos, o blog de literatura infantil e xuvenil, publica unha recensión crítica de Romina Bal sobre Xogando con gatos, de Antón Cortizas, obra gañadora do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil.

Fina Casalderrey: «A medida que cumpres anos, o que máis che importa é o afecto»

O xornal Faro de Vigo, publicou unha entrevista á escritora Fina Casalderrey, recoñecida onte co Premio da Cultura Galega 2015 na modalidade de Letras. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Agustín Fernández Paz: «Un día descubrín que a escrita era esencial na miña vida e non unha práctica secundaria»

A web Poemas del Alma entrevistou a Agustín Fernández Paz.   Agustín Fernández Paz, respuestas en 140 caracteres Twitter me permite desde hace tiempo entrar en contacto con escritores de todas partes del mundo, muchos de los cuales han aceptado con gran predisposición someterse a una tuittrevista.

Falece o crítico Manuel Rodríguez Alonso, coautor do «Dicionario Xerais de Primaria»

Faleceu onte en Pozuelo (Madrid) o crítico, ensaísta e filólogo Manuel Rodríguez Alonso, coautor do Dicionario Xerais de Primaria, quen exercía a crítica literaria en Galicia, especialmente desde o seu blog Bouvard e Pécuchet. Desde Xerais queremos expresar as nosas condolencias polo seu falecemento. Rodríguez Alonso era licenciado en Filoloxía pola USC e doutor pola Universidade Autónoma de Madrid.

Novela de personaxes, de lectura viva e áxil: «A galera de Xelmírez», de Xabier Paz. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre a novela A galera de Xelmírez, de de Xabier Paz.   A TRANSFORMACIÓN DO CAMIÑO O autor de Follas de bacallau, Renacer e As vidas de Nito regresa aos trinques das librarías con esta A galera de Xelmírez que hoxe nos ocupa.

O recente Premio Xerais de Novela, Héctor Cajaraville, gaña o Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil

O xornalista e escritor Héctor Cajaraville, recente gañador do Premio Xerais de Novela con De remate, foi galardoado onte co Premio Raíña Lupa de Literatura infantil e xuvenil, convocado pola Deputación da Coruña, cunha novela titulada Vidas cruzadas.

Bonus Promocionus, o novo personaxe de Astérix en «O papiro do César». Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a próxima saída dun novo título da aventuras de Astérix, que publicará Xerais en galego: O papiro do César.   Astérix. O papiro do César Coñecéronse onte as dúas primeiras viñetas de Astérix.

Manuel Seixas: «Interferencias é unha novela escrita coa cabeza que doe»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista con Manuel Seixas, sobre a súa novela Interferencias.