Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2015

Fina Casalderrey e Miguelanxo Prado, Premios da Cultura Galega

O xurado dos Premios da Cultura Galega 2015 recoñeceu onte á escritora Fina Casalderrey na modalidade de Letras con este relevante galardon que concede anualmente a Xunta de Galicia. Ademais, no apartado de artes plásticas foi recoñecido o debuxante Miguelanxo Prado.

Presentación en Ourense de “Por que a sombras non teñen ollos” de Luís Manuel García Mañá

O xoves, 1 de outubro, ás 20:00 horas, no Salón Nobre do Liceo, rúa Valentín Lamas Carvajal, 5, de Ourense, terá lugar a presentación do libro Por que as sombras non teñen ollos de Luís Manuel García Mañá. No acto participarán Ramón Blanco Fortes, José Antonio Alonso Miranda (xeneral do Exército na reserva), Manuel Bragado e Luís Manuel García Mañá.

Presentación en Culleredo de “A antesala luminosa” de Antonio Tizón

O xoves, 1 de outubro, ás 18:00 horas, no Pazo Villa Melania, Avda de Vilaboa, 42 en Culleredo, terá lugar a presentación do libro A antesala luminosa de Antonio Tizón. No acto, organizado por APEM A Coruña e Xerais, intervirán Juan Carlos Díaz del Valle e Antonio Tizón.

Astérix volverá falar galego en «O papiro do César»

Diversos xornais, entre eles El Correo Gallego, recollen a nova da próxima saída dun novo título da aventuras de Astérix, que publicará Xerais en galego: O papiro do César. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

As novidades infantís e xuvenís, no blog de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre as últimas novidades de literatura infantil e xuvenil de Xerais.     MÁIS LIBROS PARA NENOS E NENAS (OU PARA TODOS) QUE NOS PRESENTA EDICIÓNS XERAIS NAS DIVERSAS COLECCIÓNS DE LIX. Pouco se pode engadir ao que se leva dito sobre Edicións  Xerais e a súa extraordinaria aposta pola LIX galega.

Fran P. Lorenzo: «Na novela quería falar de como son os totalitarismos e como se vive o ascenso do fascismo»

O Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Jaureguizar a Fran P. Lorenzo sobre a novela Cabalos e lobos, gañadora do Premio Blanco Amor de Novela 2014.   A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación en Vigo de “Muros de aire” de An Alfaya

O venres, 25 de setembro, ás 20:00 horas, no Café Badía, rúa Sanjurjo Badía, 240, en Vigo, terá lugar a presentación do libro Muros de aire de An Alfaya. No acto participarán Ramón Nicolás, Manuel Bragado e An Alfaya.

Antonio Tizón: «Escribín sobre a bipolaridade, pero foi mais raro dar clases de biónica»

O xornal El Progreso publicou unha entrevista de Jaureguizar a Antonio Tizón sobre sobre a novela A antesala luminosa. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Crítica de David Marx sobre a tradución ao inglés de «Un millón de vacas» de Manuel Rivas

O blog David Marx: Book Reviews publicou unha recensión crítica sobre One Million Cows, a tradución ao inglés de Un millón de vacas, de Manuel Rivas, feita por Jonathan Dunne e publicada por Small Station Press.   One Million Cows By Manuel Rivas Small Stations Press – £5.

Andrea Maceiras: «A literatura infantil e xuvenil está asociada a unha maior liberdade creativa porque o seu público natural é máis receptivo e aberto»

A web Fervenzas literarias publicou unha entrevista a Andrea Maceiras, autora de Europa Express, obra gañadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015.   Veu visitarnos… Andrea Maceiras Hoxe visítanos Andrea Maceiras, coruñesa do 87 e licenciada en Filoloxía Galega e Hispánica.

As novidades literarias de Xerais, no blog de Francisco Martínez Bouzas

O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha anotación sobre as últimas novidades literarias de Xerais.     Edicións Xerais: abondosa colleita para o remate do verán Aínda que non é un feito illado, desexo salientar a abondosa e variada restra de publicacións que Edicións Xerais vén de poñer a disposición do lectorado galego neste remate do verán 2015.

Antonio Tizón: «O trastorno bipolar, a pesar de afectar a tanta xente, case non se trata na literatura»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Laura López a Antonio Tizón sobre sobre a novela A antesala luminosa. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.