Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2015

Novela fantástica, espléndida: «A galera de Xelmírez», de Xabier Paz. Artigo de Xosé Carlos Caneiro

Xosé Carlos Caneiro escribiu no seu artigo de La Voz de Galicia sobre a novela A galera de Xelmírez, de de Xabier Paz.   (…) E outra novela fantástica, espléndida, que debe ler calquera lector ávido da nosa historia, e máis dese personaxe fulcral dentro da mesma: Xelmírez. A galera de Xelmírez é unha pequena alfaia que nos regala un dos narradores galegos polos que sinto maior aprezo. Nunca fallou.

Novidade: «Marcas», de Xavier Navaza. Signo, comunicación e consumo na era da simulación

O libro Marcas, co subítulo «Signo, comunicación e consumo na era da simulación», de Xavier Navaza, é unha das novidades para esta tempada na colección LibroX.

Ninguén debería renunciar a ler este libro: «Un animal chamado néboa», de Ledicia Costas. Crítica de Lorena Domínguez

Lorena Domínguez Mallo publicou en LG3, o soportal da literatura do Consello da Cultura Galega, unha recensión crítica sobre Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas.   De beleza e barbarie No escenario da II Guerra Mundial tiveron lugar episodios tan estarrecedores e crueis que algúns deles resultan imposibles de dixerir.

Novidade: «Muros de aire», de An Alfaya. A forza dun destino perverso

Muros de aire, de An Alfaya, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. Cora e Fidel manteñen unha relación afectiva chea de espazos grises e comparten a dirección dun gabinete sociolóxico. Reciben un encargo dunha institución académica que ten como obxectivo elaborar un estudo arredor dunha mostra de persoas unidas por un nexo común: o suicido con tendencias criminais.

Ramón Cabanillas en The Times e The Morning Post

Os xornais La Opinión e Faro de Vigo publican unha reportaxe de E. Ocampo sobre a información que publicaron os xornais británicos The Times e The Morning Post hai 95 anos con motivo da entrada do escritor galego na Real Academia Galega. Precisamente estes días está a chegar ás librarías o libro Ramón Cabanillas, Cambados e o mar de Arousa, de Francisco Fernández Rei. A reportaxe pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Transitar un camiño cheo de revelacións e insurxencias: «A boca da terra», de Manuel Rivas. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro de poemas A boca da terra, de Manuel Rivas.

Novidade: «Vento e chuvia», de Manuel Gago, en edición de campo

Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia, de Manuel Gago, ilustrado por Manel Cráneo, en edición de campo e reeditado na colección LibroX, é unha das novidades desta tempada. Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes.

«Dragal», de Elena Gallego: Mito, fantasía e realidade. Crítica de Isabel Mociño

El Correo Gallego publicou unha recensión crítica de Isabel Mociño sobre sobre Dragal IV, A estirpe do Dragón e toda a serie Dragal. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.