Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2015

Unha novela que doe: «Cabalos e lobos», de Fran P. Lorenzo. Anotación de Anne Merkel

O blog Anne Merkel publicou unha anotación sobre a novela Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo. Cabalos e lobos Hace tiempo, antes incluso de que fuese publicado, deberia haber inaugurado esta sección con el flamante Premio Blanco Amor 2014.

María Solar: «Son escritora porque o levo dentro»

Noticieirogalego.com publicou unha entrevista que lle fixo Carlos Loureiro Rodríguez á escritora  María Solar.   María Solar: «Son escritora porque o levo dentro» María Solar (Santiago de Compostela, 1970).

Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil por «Escarlatina, a cociñeira defunta»

A escritora Ledicia Costas acaba de ser galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil pola súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta.

A novela que nace dun feito real, o sinistro dun avión da RAF na Serra de Pena: «Por que as sombras non teñen ollos» de Luís García Mañá

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de Por que as sombras non teñen ollos, a nova novela de Luís García Mañá.     «Por que as sombras non teñen ollos», presentación en Ourense O salón noble do Liceo de Ourense encheuse onte na primeira presentación de Porque as sombras non teñen ollos, a quinta novela de Luís García Mañá.

Optimismo desde a escuridade: «Interferencias», de Manuel Seixas, para compartir e conmover

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela Interferencias, de Manuel Seixa     «Interferencias», o regreso de Manuel Seixas Presentamos onte na libraría Couceiro de Compostela Interferencias, a novela coa que regresa Manuel Seixas.

A humanidade destilada nos contos de Manuel Rivas: «Madonna e outros contos de inverno»

O xornal El Ideal Gallego publicou unha información sobre Madonna e outros contos de inverno, de Manuel Rivas, publicado na colección Fóra de Xogo. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

A novela «Interferencias», de Manuel Seixas, o libro máis recomendado pola Tabela dos libros

A novela Interferencias, de Manuel Seixas, encabeza a clasificación dos libros máis recomendados do verán na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual para o que catro críticos/as escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego. Os críticos son Inmaculada Otero Varela, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas e o propio Armando Requeixo.

Banda sonora para «Un animal chamado néboa», de Ledicia Costas. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre sobre Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas, así como un vídeo cunha canción sobre o libro composta por unha estudante de bacharelato.     Musicando sentimentos lectores O mes de outubro comezou. De que maneira! Os dous primeiros días foron tan intensos e emocionantes que fixeron que ao terceiro día enfermase. Pero isto é o de menos.

Non vaias á feira, fai shopping: «Marcas. Signo, comunicación e consumo na era da simulación», de de Xavier Navaza

El Correo Gallego publicou unha información de Juan Martínez sobre o libro Marcas, subítulado «Signo, comunicación e consumo na era da simulación», de Xavier Navaza, publicado na colección LibroX. Foto de Efe/ Xoán Rey.

Luís García Mañá volta ás terras arraianas na novela «Por que as sombras non teñen ollos»

Tanto o Faro de Vigo como La Voz de Galicia publican informacións sobre Por que as sombras non teñen ollos, a nova novela de Luís García Mañá.

Presentación en Allariz de “Atravesar o fantasma” de Carlos Callón

O domingo, 11 de outubro, ás 14:00 horas, na Praza de Abaixo (en caso de choiva, na Praza de Abastos) de Allariz, terá lugar a presentación do libro Atravesar o fantasma de Carlos Callón. O acto, organizado dentro do programa do II Festival da poesía en Allariz, está organizado polo Concello de Allariz, a Fundación Vicente Risco, a libraría Aira das Letras e Área Allariz.

Presentación de “Contos do mar de Irlanda” en Cedeira

O venres, 9 de outubro, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal e organizada pola Asociación de Maiores de Cedeira, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto e do documental “Dos gaiteiros do mar”. Ao remate haberá unha sesión sonora con Manolo Bacalhau e Grandes Talentos de Cedeira.