Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2015

Unha ollada á condición humana: «Muros de aire», de An Alfaya. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a novela Muros de aire, de An Alfaya.

Presentación en Vigo de “Interferencias” de Manuel Seixas

O venres, 9 de outubro, ás 20:00 horas, na librería Cartabón, rúa Urzáiz, 125, de Vigo, terá lugar a presentación da novela Interferencias de Manuel Seixas. No acto, organizado dentro do programa “Os venres nas librerías”, participarán Estela Estévez, Manuel Bragado e o autor.

Presentación en Mugardos de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O xoves, 8 de outubro, ás 20:30 horas, terá lugar unha nova sesión de “Océano para Terrícolas” (presentación musical de Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto) na Sociedade Amigos da Paisaxe Galega, O Seixo, en Mugardos.

Presentación en Santiago de “Agosto de memoria e morte” de Xoaquín Fernández Leiceaga

O mércores, 7 de outubro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación da novela Agosto de memoria e morte de Xoaquín Fernández Leiceaga. No acto participarán Dolores Vilavedra, Manuel Bragado e o autor.

«Cabalos e lobos» de Fran P. Lorenzo, «A boca da terra» de Manuel Rivas e «As palabras poden matar» de Marcos Calveiro, libros máis vendidos en setembro

«Cabalos e lobos» de Fran P. Lorenzo, «A boca da terra» de Manuel Rivas e «As palabras poden matar» de Marcos Calveiro, libros máis vendidos en setembro

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de setembro a partir da información proporcionada por 14 librarías galegas. Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, é o libro máis vendido no ámbito de Narrativa; A boca da terra, de Manuel Rivas, é o libro máis vendido en Poesía; e As palabras poden matar, de Marcos Calveiro, en Xuvenil.

Literatura de calidade, persuasiva, impecable: «Agosto de memoria e morte», de Xoaquín Fernández Leiceaga. Crítica de Laura Caveiro

Laura Caveiro publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica da novela Agosto de memoria e morte de Xoaquín Fernández Leiceaga. A recensión crítica pode lerese ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Sete traducións ao inglés. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre os libros de literatura infantil e xuvenil galega traducidos ao inglés en Small Stations na serie Galician Wave.