Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2015

Novidade: «O lapis de Rosalía», de Antón Cortizas, ilustrado por David Sierra. Un lapis especial

O lapis de Rosalía, de Antón Cortizas, ilustrado por David Sierra, é unha novidade da colección Merlín. Recomendado de 7 anos en diante. Rosalía ten seis anos. Cando fala, da súa boca saen bolboretas que pairan no ar moi alegres, dicindo palabras moi bonitas. E as súas mans tocan as cousas con seis caricias, e seis suspiros salaian á vez. Rosalía vai á escola, onde aprende a ler e a escribir.

Series xuvenís. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre as series xuvenís en Xerais. Series xuvenís Hai tempo que vimos apostando en Xerais pola publicación de series xuvenís como un espazo para a ampliación e formación do lectorado dende a preadolescencia. Un subxénero da literatura infantil e xuvenil que non debe ser esquecido e do que temos numerosas mostras no noso catálogo.

Presentación en Vilagarcía de “Interferencias” de Manuel Seixas

O xoves, 5 de novembro, ás 19:30 horas, na librería Espacio Lector Nobel Arousa, rúa Edelmiro Trillo, 19, Vilagarcía de Arousa, terá lugar a presentación e sinatura de libros da novela Interferencias de Manuel Seixas. No acto participarán Elena Rivas e Manuel Seixas.

Presentación en Cambados de “Ramón Cabanillas, Cambados e o mar da Arousa”

O xoves, 5 de novembro, ás 20:00 horas, no Auditorio da Xuventude de Cambados, terá lugar a presentación do libro Ramón Cabanillas, Cambados e o mar da Arousa de Francisco Fernández Rei.

Firma de exemplares de Pedro Feijoo na Coruña

O sábado 31 de outubro, a partir das 18:00 horas, na librería Moito conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, o escritor Pedro Feijoo estará asinando exemplares da súa última novela Morena, perigosa e románica e do resto da súa obra. Ás 12:00 horas Pedro Feijoo fará o Paseo Literario, organizado pola AELG, A Coruña de Rosalía e Murguía: tras o vento da negra sombra.

Pedro Feijoo: «Na literatura galega segue sorprendendo o humor, cando somos o país que inventou a retranca»

Localia TV Vigo emitiu unha entrevista de Miguel Martín a Pedro Feijoo sobre Morena, perigosa e románica.

Ledicia Costas, respostas en 140 caracteres

A web Poemas del Alma entrevistou a  Ledicia Costas, último Premio Nacional de Literatura Infantil coa súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta.   Ledicia Costas, respuestas en 140 caracteres El Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2015 concedido en España lo recibió la escritora gallega Ledicia Costas, a quien no dudé en invitar a ser parte de la sección de tuittrevistas de Poemas del Alma.

O berro no que se agochan as emocións: «A boca da terra», de Manuel Rivas. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre o libro de poemas A boca da terra, de Manuel Rivas. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Novidade: «Unha casiña branca», de Marcos Calveiro, ilustrado por Marcos Viso. Dentro dun frigorífico abandonado…

Unha casiña branca, de Marcos Calveiro, ilustrado por Marcos Viso é unha novidade da colección Sopa de Libros de Xerais. Un forte alcatreo converte o aire nunha substancia mesta, case irrespirable. Un vertedoiro infindo. Un futuro incerto. Mírese por onde se mire hai trebellos de todo tipo.

Pedro Feijoo: «Os meus libros non son meus, son da xente que os acolle, que os abraza e que os recomenda»

A xornalista Pilar Rego entrevistou ao escritor Pedro Feijoo no programa Zig-Zag sobre a súa nova novela,  Morena, perigosa e románica.

Novidade: «O rato avó e o muraño», de Oli, ilustrado por Ramón Trigo. O muraño Rosendo quere saber…

O rato avó e o muraño, de Oli, ilustrado por Ramón Trigo, é unha novidade da colección Merlín para este outono. O rato Benxamín e o muraño Rosendo son grandes amigos, xogan a subir montañas, a explorar bosques misteriosos, a… Os pais do muraño Rosendo teñen que traballar ata moi tarde. Por mor diso, Rosendo pasa moito tempo na casa do seu amigo Benxamín.

Novidade: «O papiro do César». O mundo da comunicación centra o novo álbum de Astérix

O papiro do César, o novo álbum de Astérix, é unha novidade de Xerais para este outono. O volume está traducido ao galego por Xavier Senín e Isabel Soto. Dous anos despois do éxito de Astérix e os pictos, os personaxes creados por René Goscinny e Albert Uderzo regresan nun novo álbum escrito por Jean-Yves Ferri e debuxado por Didier Conrad. Un novo e vil personaxe aparece en O papiro do César: Promoplús.