Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2015

Tenrura e humor: «Madonna e outros contos de inverno», de Manuel Rivas. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre Madonna e outros contos de inverno, de Manuel Rivas.   A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Paseo Literario: A Coruña de Rosalía e Murguía: tras o vento da negra sombra da man de Pedro Feijoo

O vindeiro sábado 31 terá lugar un novo Paseo Literario polas rúas da Coruña da man do escritor Pedro Feijoo.   31 de outubro A Coruña de Rosalía e Murguía: tras o vento da negra sombra, Pedro Feijoo Teñen todas as cidades unha outra vida que, por veces, non se ve. Ou si, se se observa cos ollos adecuados… Unha vida feita da textura das letras, de sangue de tinta, e alma vestida nas historias.

Presentación en Ribeira de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O venres, 30 de outubro, ás 21:00 horas, no Bar Plaza, praza de Compostela, 11, de Ribeira, terá lugar a performance musical “Océano para Terrícolas” sobre o libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. No acto participarán Jandro Ayaso do Ateneo Valle-Inclán, José Pazó da Cofradía da Dorna e Xurxo Souto.

Presentación de “Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo” de X. Ricardo Losada na Pobra do Caramiñal

O venres, 30 de outubro, ás 20:30 horas, na libraría Ler, rúa da Paz, 8, da Pobra do Caramiñal, terá lugar a presentación do libro Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo de X. Ricardo Losada. No acto, organizado pola Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, a Libraría Ler e Xerais, intervirán Xerardo Agrafoxo, Pedro García Vidal, Xosé Manuel Lobato, Antón Riveiro Coello e o autor.

Presentación en Santiago de “Morena, perigosa e románica” de Pedro Feijoo

O venres, 30 de outubro, ás 20:00 horas, na librería Cronopios, rúa Alfredo Brañas, 24, de Santiago, terá lugar a presentación da novela Morena, perigosa e románica de Pedro Feijoo. No acto intervirán Kiko Novoa, Manuel Bragado e Pedro Feijoo.

Presentación en Lugo de “A música dos seres vivos” de María Reimóndez

O venres, 30 de outubro, ás 19:00 horas, na librería Trama, Avda da Coruña, 21, de Lugo, terá lugar a presentación da novela A música dos seres vivos de María Reimóndez. O acto, organizado dentro do programa Os venres nas librarías, contará con Fran Alonso, María Reimóndez e a  participación musical de Mercedes Peón.

Manuel Rivas: «Para acabar de escribir a miña nova novela estiven en ‘arresto domiciliario’ este veran»

O Diario de Pontevedra e El Progreso de Lugo publicaron unha entrevista de  María Varela a Manuel Rivas na que fala da súa nova novela, O último día de Terranova, que publicará Xerais o 26 de Novembro. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Pedro Feijoo: «Non é casualidade que os integrantes da banda Perigo sexan xente que o perdeu todo»

Radio Marca emitiu unha entrevista de Rafa Valero a Pedro Feijoo sobre Morena, perigosa e románica.

Víctor Rivas: «Os personaxes de Escarlatina, ao estar mortos, non teñen límites, poden facer de todo». Entrevista na TVG

Os informativos da TVG emitiron unha entrevista a Víctor Rivas, ilustrador do libro Escarlatina. A cociñeira defunta,  de Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil que recibira tamén o Premio Fervenzas Literarias á mellor portada LIX do 2014.

Vinte lendas con cadanseu poema: «Lendo lendas, digo versos», de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa

O Diario de Arousa e o Diario de Ferrol publicaron unha recensión sobre Lendo lendas, digo versos, de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa, un libro ilustrado por Xosé Cobas. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Unha comedia da emigración: «Cuarto minguante», de Bautista Álvarez. Crítica de César Lorenzo Gil

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela Cuarto minguante, de Bautista Álvarez.     «Cuarto minguante», unha comedia da emigración Bautista Álvarez recrea en Cuarto minguante, publicado por Xerais, a aldea da súa infancia, Loucía, no concello de San Amaro.

Astérix e Wilileaks. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre  o novo álbum de Astérix, O papiro do César. Astérix e Wilileaks Puxemos onte nas librarías O papiro do César, o máis recente álbum de Astérix, o segundo dos escritos por Jean-Yves Ferri e debuxados por Didier Conrad.