Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2015

Unha aposta arriscada: «Muros de aire», de An Alfaya. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación crítica sobre a novela Muros de aire, de An Alfaya.   Muros de aire An Alfaya realiza en Muros de aire, publicada por Xerais, unha proposta arriscada (un motivo literario ben escaso) e sae potente gañadora. Non sei que me pasa ultimamente, cústame comezar a lectura. E con esta novela sucedeume o mesmo.

Adianto de «Morena, perigosa e románica», de Pedro Feijoo, no Faro de Vigo

O Faro de Vigo publicou o pasado sábado un adianto da novela de Pedro Feijoo, Morena, perigosa e románica. O adianto pode descargarse en pdf nesta ligazón.

Polos eidos da emoción e da vida: «Interferencias», de Manuel Seixas. Anotación de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha anotación sobre a presentación de Interferencias, de Manuel Seixas. Manuel Bragado, director de Xerais, tamén publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación e os actos dos Venres nas Librarías.

Xurxo Souto leva os «Contos do mar de Irlanda» a Barcelona

O xornal Sermos Galiza publica unha información sobre a presentación do libro Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto en Barcelona a través dunha performance interactiva.     CUMPRE A SÚA 5ª EDICIÓN Xurxo Souto leva os Contos do mar de Irlanda a Barcelona Esta cuarta feira, 14 de outubro, Xurxo Souto levará a Barcelona o arrecendo do mar cunha nova presentación de Contos do Mar de Irlanda.

Presentación en Ourense de “Morena, perigosa e románica” de Pedro Feijoo

O martes, 20 de outubro, ás 19:30 horas, na librería Espacio Lector Nobel, rúa da Concordia, 8, de Ourense, terá lugar a presentación da novela Morena, perigosa e románica de Pedro Feijoo. No acto participarán Manuel Bragado e Pedro Feijoo.

Sorprendente booktráiler sobre a novela «De remate», de Héctor Cajaraville, Premio Xerais 2015

Sorprendente. Esa é a palabra máis empregada para definir o booktráiler, un falso documental, feito para promocionar a novela a De remate, de Héctor Cajaraville, gañador do Premio Xerais 2015.

Xoaquín Fernández Leiceaga: «Escribir unha novela era un reto persoal para min». Entrevista de P. Calveiro

La Voz de Galicia publica unha entrevista de P. Calveiro a Xoaquín Fernández Leiceaga sobre a súa novela Agosto de memoria e morte. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Pedro Feijoo: «O título da novela está elixido para confundir»

Diversos xornais como El Correo Gallego publican a información de EFE sobre a nova novela de Pedro Feijoo, Morena, perigosa e románica. Reproducimos a continuación a información da Axencia EFE elaborada pola xornalista María Rodríguez.   El escritor vigués Pedro Feijoo recurre a una “morena” para su humor negro Santiago de Compostela, 8 oct (EFE).

Colmeiro en primeira persoa: «Colmeiro por si mesmo», de Xosé Antón Castro e Carlos G. Reigosa. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro Comeiro por si mesmo, de Xosé Antón Castro e Carlos Reigosa.

Atrapa desde as primeiras liñas: «A neve interminable» de Agustín Fernández Paz. Crítica de María Navarro

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de María Navarro sobre A neve interminable, de Agustín Fernández Paz. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Xoaquín Fernández Leiceaga: «O xénero policial é altamente codificado». Anotación sobre «Agosto de memoria e morte»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela Agosto de memoria e morte de Xoaquín Fernández Leiceaga.   Con Leiceaga en Couceiro A profesora Dolores Vilavedra conversou onte en Couceiro con Xoaquín Fernández Leiceaga sobre Agosto de memoria e morte.

Ledicia Costas: «Quería escribir unha historia que a min me emocionase para intentar emocionar o lectorado»

Radiofusión emitiu unha entrevista con Ledicia Costas sobre a concesión do Premio Nacional de Literatura Infantil á súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta.