Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2015

Novidade: «Morena, perigosa e románica», de Pedro Feijoo. Unha comedia dantesca!

Morena, perigosa e románica de Pedro Feijoo, é unha das novidades da colección Narrativa de Xerais para este outono literario. Co seu permiso vou introducir un argumento: cando a señora Chismes, a veciña do segundo, chamou á miña porta, eu pensei que o que viña buscando era o meu amor. Ou un pouco sal… Pero polo visto o asunto non ía por aí.

Unha novela que provoca a reflexión: «Son noxento», de María Xosé Queizán. Valoración dunha estudante da ESO

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión dunha estudante de 4º da ESO, Cristina Costela, sobre Son noxento, de María Xosé Queizán.   Son noxento Gústame presumir de alumnado. Cristina Costela está en 4º de ESO, devora libros e anticípase a moitas das miñas lecturas, co cal convértese nunha extraordinaria colaboradora. Cando un libro non lle gusta, tráemo para cambialo. E se lle gusta, aquí está o resultado.

Presentación en Tui de “Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo” de X. Ricardo Losada

O venres, 16 de outubro, ás 20:30 horas, na sala Felix Rodríguez, a Área Panorámica de Tui, terá lugar a presentación do libro Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo de X. Ricardo Losada. O autor falará sobre o crego  poeta, antifranquista, membro da Real Academia Galega,  tudense de adopción e galego universal, D. Faustino Rey Romero (1921-1971).

Ledicia Costas: «É inconcebible que en Galicia non contemos cun instituto de promoción das letras»

A Real Academia Galega publicou na súa web unha entrevista con Ledicia Costas sobre a concesión do Premio Nacional de Literatura Infantil á súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta.

Novidade: «Por que as sombras non teñen ollos» de Luís García Mañá. Espías na Raia Seca durante a II Guerra Mundial

A novela Por que as sombras non teñen ollos, de Luís García Mañá é unha novidade da colección Narrativa de Xerais para este outono literario. O 22 de febreiro de 1944 un bombardeiro Hudson da Royal Air Force estrelouse na Serra de Pena, á altura do marco número 125 da fronteira con Portugal, entre o concello galego de Calvos de Randín e a vila portuguesa de Montealegre.

Fran P. Lorenzo: «As letras galegas sofren do virus do pudor»

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil a Fran P. Lorenzo sobre a novela Cabalos e lobos. (Foto: Arxina).     Fran P. Lorenzo: «As letras galegas sofren do virus do pudor» Cabalos e lobos (Xerais) é o título do debú literario de Fran P. Lorenzo (Vigo, 1973). Esta novela gañou o Premio Blanco Amor 2014 e converteuse nun dos libros máis vendidos do ano.

Excursión a partir da ruta da novela «Costa do solpor», de Xosé Mª Lema

A AELG anima a participar o vindeiro 17 de outubro na excursión que se fará a partir da ruta da novela Costa do Solpor  de Xosé Mª Lema.

Presentación en Vigo de “Morena, perigosa e románica” de Pedro Feijoo

O venres, 16 de outubro, ás 20:00 horas, na libraría Andel, Avda. Camelias, 102, Vigo, terá lugar a presentación da novela Morena, perigosa e románica de Pedro Feijoo. No acto, organizado dentro do programa “Os venres nas librerías”,  participarán Jacobo Buceta, Manuel Bragado e Pedro Feijoo.

Presentación en Lugo de “Amor en alpargatas” de Manuel Portas

O xoves, 15 de outubro, ás 19:30 horas, na librería Trama, Avda da Coruña, 21, Lugo, terá lugar a presentación da novela Amor en alpargatas de Manuel Portas. No acto participarán Alberte Rodríguez Feixóo, Manuel Bragado e Manuel Portas.

Presentación en Barcelona de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O mércores, 14 de outubro, ás 19:30 horas, no Patí Llimona, Carrer del Regomir, 3, Barcelona, terá lugar a performance interactiva  de Xurxo Souto arredor do libro Contos do mar de Irlanda. No acto, organizado pola AC.GB (Asamblea Cultural Galega de Barcelona), colaboran o Departamento de Estudis Gallecs i Portuguesos da Universitat de Barcelona e o Centro Cívic Pati Llimona.

Ledicia Costas: «Decidín apostalo todo pola escrita, a faceta da vida na que me sinto máis libre, e estou en shock»

A concesión, na mañá de onte, do Premio Nacional de Literatura Infantil a Ledicia Costas pola súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta tivo un enorme eco nos medios de comunicación e, moi especialmente, nas redes sociais, que axiña comezaron a expandir a noticia e a dar conta dos parabéns dos lectores e lectoras á autora.

O premio de Ledicia. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a concesión do o Premio Nacional de Literatura Infantil a Ledicia Costas pola súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta.