Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2015

Agustín Fernández Paz e Xosé Ramón Pena, Premios da Crítica nas modalidades de Creación Literaria e Investigación

Os escritores Agustín Fernández Paz e Xosé Ramón Pena resultaron esta fin de semana galardonados cos Premios da Crítica nas modalidades de Creación Literaria e Investigación. A Agustín Fernández Paz corresdeulle o premio na modalidade de creación literaria pola súa novela A viaxe de Gagarin.

Presentación en Pontevedra de “Muros de aire” de An Alfaya

O sábado, 14 de novembro, ás 12:30 horas, na libraría Paz, rúa Peregrina, 29, de Pontevedra, terá lugar o “Vermú entre libros” con Muros de aire de An Alfaya. No acto participarán Antonio García Teijeiro e An Alfaya.

Presentación en Vigo de “Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos”

O venres, 13 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa do Libro, Velázquez Moreno, 27, de Vigo, terá lugar a presentación do libro Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos de Mary Quintero e con textos de Fernanda Padín. No acto, organizado dentro do programa “Os venres nas librarías”, participarán Rober Quintero, Fernanda Padín, Manuel Bragado e Mary Quintero.

América: «A Bieito crieino eu soa nuns tempos moi difíciles, cando te discriminaban por iso». (Booktráiler)

Reproducimos un novo corte do booktráiler da novela De remate, de Héctor Cajaraville, centrado no testemuño da súa nai, América. Este booktráiler é un falso documental da novela que gañou Premio Xerais 2015.

Quo vadis, Astérix?: Crítica sobre «O papiro do César» en Metrópoles Delirantes

O blog Metrópoles delirantes publicou unha recensión crítica sobre O papiro do César, o novo álbum de Astérix.   Quo vadis, Astérix? Cando sae un libro agardado con gran expectativa e que ten para min un valor sentimental sufro certo tipo de bloqueo que me leva a telo no andel e non ser quen de abrilo, hai unha resistencia inexplicábel a devoralo, que é o que en principio un pensaría que vai facer.

O poeta total: «Ramón Cabanillas, Cambados e o mar de Arousa», de Francisco Fernández Rei, na web da Real Academia Galega

A Real Academia Galega publicou na súa web unha información sobre o libro Ramón Cabanillas, Cambados e o mar de Arousa, de Francisco Fernández Rei, publicado na colección clásicos de Xerais.

Un libro único: «Lendo lendas, digo versos», de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre Lendo lendas, digo versos, de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa, un libro ilustrado por Xosé Cobas. Un libro único Todos os libros son únicos, dirán vostedes, e con razón, mais este que hoxe lles comentamos é especial. O seu contido é moi simple.

Así era A Coruña en 1879: o calendario de 2016 «A Coruña anónima», de Xerais, en La Opinión

O xornal La Opinión da Coruña publicou unha reportaxe sobre o Calendario 2016. A Coruña anónima, un dos dous calendarios para o vindeiro ano 2016 que acaba de editar Xerais. A reportaxe pode lerse ou descargarse completa en pdf nesta ligazón.

Novidade: «Axenda Dietario Cartoné 2016». Pola axenda de Xerais pasa toda a nosa historia

A Axenda Dietario Cartoné 2016 é unha novidade de Xerais. Axenda Dietario (día por páxina) con información complementaria de Efemérides Galegas, Cultura Popular, Feiras e Festas locais, Celebracións Internacionais, Calendario Fiscal, Onomástica, Fases da Lúa.

Unha lectura fascinante: «Amada liberdade», de Fernándo Pérez-Barreiro Nolla. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro Amada liberdade, as memorias do tradutor, escritor e intelectual Fernándo Pérez-Barreiro Nolla.

O humor negro centra «Morena, perigosa e románica», de Pedro Feijoo

NG Noticias Galicia publicou unha información sobre a novela Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo, libro máis vendido no ámbito de Narrativa nestes momentos.

A primeira reportaxe fotográfica sobre A Coruña? A primeira pedra do pazo de María Pita nun calendario de Xerais

Baixo o título «A primeira reportaxe fotográfica sobre A Coruña?» publica hoxe Rodri García en La Voz de Galicia unha información sobre o Calendario 2016. A Coruña anónima, un dos dous calendarios para o vindeiro ano 2016 que acaba de editar Xerais.