Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2015

Cardeiro: «Bieito era un home comprometido; escribía coa idea de cambiar Galicia» (booktráiler)

Reproducimos un novo corte do booktráiler da novela De remate, de Héctor Cajaraville, centrado nas declaracións de Cardeiro. Este booktráiler é un falso documental da novela que gañou Premio Xerais 2015.

Novidade: Calendario 2016. A Coruña anónima

O Calendario 2016. A Coruña anónima é un dos dous calendarios para o vindeiro ano 2016 que acaba de editar Xerais. Calendario fotográfico de parede (30 cm de ancho por 60 cm de alto) que inclúe festivos e fases da lúa e doce fotografías anónimas da cidade da Coruña que constitúen un auténtico tesouro que reflicte a vida, a paisaxe e as xentes da cidade no século XIX.

Unha historia de amor que soergue os personaxes do seu abatemento: «Interferencias», de Manuel Seixas. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo  publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica a novela Interferencias, de Manuel Seixas. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Pedro Feijoo: «Algunhas noticias demostran que non hai historias imposibles»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Pedro Feijoo sobre a súa novela Morena, perigosa e románica. (Foto de Eli Regueira / Faro de Vigo). A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Opinións dos estudantes do IES Laxeiro de Lalín sobre «Madonna e outros contos de inverno», de Manuel Rivas

Gracia Santorum publicou en As estelas dos ronseis as opinións dos seus alumnos e alumnas sobre Madonna e outros contos de inverno, de Manuel Rivas.     Madonna e outros contos de inverno Comentario de Adrián Mato Este libro gustoume a pesar de que emprega un vocabulario moi complexo, polo cal tiven que reler algunhas das historias.

Presentación en Santiago de “Marcas” de Xavier Navaza

O xoves, 12 de novembro, ás 20,00 h., na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Marcas. Signo, comunicación e consumo na era da simulación de Xavier Navaza. No acto participarán Xosé Manuel Outeiriño, Manuel Bragado e Xavier Navaza.

Presentación en Lugo de “Lendo lendas, digo versos” de Antonio G. Teijeiro e Antonio Reigosa

O mércores, 11 de novembro, ás 19:30 horas, na librería Trama, Avda da Coruña, 21 de Lugo, terá lugar a presentación do libro Lendo lendas, digo versos de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa e ilustrado por Xosé Cobas. No acto participarán Carme Pernas, Xosé Cobas, Antonio García Teijeiro, Antonio Reigosa e Manuel Bragado.

«Penso en todo o que me quedou por dicirlle»: Entrevistas sobre a morte de Bieito Sanmarful (booktráiler)

Reproducimos un corte do booktráiler da novela De remate, de Héctor Cajaraville, centrado no tema da morte de Bieito Sanmarful. Este booktráiler é un falso documental da novela que gañou Premio Xerais 2015.

O calendario de Alberto Martí para 2016. Anotación de Ramón Nicolás

O calendario de Alberto Martí para 2016. Anotación de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o Calendario Xerais 2016.

Pedro Feijoo: «Sempre que planeo un proxecto literario nunca escribo nin unha liña ata que non o teño todo ben atado»

A Revista FDS emitiu unha entrevista de María Solar a Pedro Feijoo sobre Morena, perigosa e románica. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Bases da XVIII edición do Certame de Narración Curta Anxel Fole 2015

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo acaba de facer públicas as bases da XVIII edición deo Certame de Narración Curta Anxel Fole 2015. Como en anos anteriores, Xerais publicará a obra gañadora. As bases poden consultarse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Catorce historias frescas e intensas: «Os televisores estrábicos», de Ramón Vilar Landeira. Crítica de María Xesús Blanco

O blog de Barbantia publicou unha recensión crítica de María Xesús Blanco sobre Os televisores estrábicos, o primeiro libro de Ramón Vilar Landeira.     Os televisores estrábicos, de Ramón Vilar Landeira Mergullarse na lectura de Os televisores estrábicos (Ed. Xerais, 2014) resulta, cando menos, unha interesante descuberta.