Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2015

Cesáreo Sánchez Iglesias: «A poesía galega actual é un exitoso laboratorio de ideas e linguaxes»

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil a Cesáreo Sánchez Iglesias. Foto: Eduardo Castro Bal /AELG     Cesáreo Sánchez Iglesias: «A poesía galega actual é un exitoso laboratorio de ideas e linguaxes» Hai un mes, a Asociación de Escritoras e Escritores Galegos (AELG) celebrou en Pontevedra o seu VI Congreso.

Novidade: «De remate», de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela 2015. Unha novela tremendamente singular

De remate, de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela 2015, é unha novidade de Xerais sobre a que se pode obter nesta ligazón toda a información precisa. Premio Xerais de Novela 2015 De remate é unha novela tremendamente singular no xeito de narrar.

Manuel Seixas: «A arte está para facernos mellores, para facernos sentir e pensar»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Manuel Seixas, sobre a súa novela Interferencias.   A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Libros máis vendidos en outubro: «Morena, perigosa e románica», de Pedro Feijoo, en Narrativa, e «Escarlatina, a cociñeira defunta» de Ledicia Costas, en Infantil

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de outubro a partir da información proporcionada por 12 librarías galegas. Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo, é o libro máis vendido no ámbito de Narrativa; Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, é o libro máis vendido en infantil.

«Lendo lendas, digo versos», de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa, é o libro máis recomendado pola Tabela dos libros

Lendo lendas, digo versos, de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa, con ilustracións de Xosé Cobas, encabeza a clasificación dos libros máis recomendados do verán na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual para o que catro críticos/as escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

Ledicia Costas : «Quería falar da morte desde un lado canalla»

De Verdad TV publicou unha entrevista con Ledicia Costas sobre a concesión do Premio Nacional de Literatura Infantil á súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta.

Pedro Feijoo: «A comedia éverdade e na verdade sempre hai dor»

O Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Belén López ao escritor Pedro Feijoo sobre a súa novela  Morena, perigosa e románica. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.