Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2015

Novidade: «Unha viaxe inesperada» de Llort e Macip. Un superpoder moi especial!

Unha viaxe inesperada é un libro de Llort e Macip, ilustrado por Sergi Cámara e pertence serie «Son un animal». Arman é un rapaz coma calquera outro. Ten uns pais que o queren, un grupo de amigos, unha mascota que se chama Tim e é un lémure… Pero de súpeto todo vai cambiar.

Crítica de Xesús González Gómez sobre «Cara B» de Ignacio Silva

Biosbardia publicou unha recensión crítica de Xesús González Gómez sobre o libro Cara B, de Ignacio Silva. A recensión crítica pode lerse nesta ligazón.

A forza dunha lingua que se inventa en cada páxina: «De remate», de Héctor Cajaraville. Crítica de Montse Pena Presas

Montse Pena Presas publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela De remate, de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela 2015. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Manuel Rivas: «A ironía levanta as palabras do chan, fixo que escribira esta novela»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Rodri García a Manuel Rivas sobre a súa novela O último día de Terranova.

Un poemario compacto e coherente: «s/t», de Emma Pedreira. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre o libro de poemas s/t, de Emma Pedreira A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «A Galicia urbana», coodinado por Rubén Camilo Lois González e Daniel Pino Vicente. Un país de realidade urbana

O libro A Galicia urbana, coordinado por Rubén Camilo Lois González e Daniel Pino Vicente, é unha novidade de Xerais. O crecemento das cidades e dos seus espazos urbanos periféricos constitúe a principal novidade na organización territorial de Galicia desde mediados do século XX.

Biografía novelada que ispe ao protagonista: «Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo», de X. Ricardo Losada. Crítica de Riveiro Coello

O escritor Antón Riveiro Coello publicou en Protexta unha recensión crítica sobre o libro Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de X. Ricardo Losada. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Escrito con sabedoría e agarimo: «Ramón Cabanillas, Cambados e o mar de Arousa», de Francisco Fernández Rei. Artigo de X. L. Méndez Ferrín

O escritor X. L. Méndez Ferrín publicou no Faro de Vigo un artigo sobre o libro Ramón Cabanillas, Cambados e o mar de Arousa, de Francisco Fernández Rei. O artigo pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Xogar cos cliclés: «Morena, perigosa e románica», de Pedro Feijoo

O suplemento Táboa Redonda do xornal El Progreso publicou unha información sobre a novela Morena, perigosa e románica, de Pedro Feijoo. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Marcos Calveiro: «Unha casiña branca é unha distopía infantil na que os protagonistas se moven nun mundo cheo de lixo»

A xornalista Pilar Rego entrevistou no programa Zig-Zag ao escritor Marcos Calveiro sobrea súa novela para adultos Fontán e o seu libro infantil Unha casiña branca, de Marcos Calveiro, ilustrada por Marcos Viso e publicado na colección Sopa de Libros. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Manuel Rivas: «A economía canalla castiga o elo máis feble»

El Correo Gallego publicou unha información de Ana Mendoza sobre a novela O último día de Terranova, de Manuel Rivas. Así mesmo, o Diario de Pontevedra recolleu tamén esa mesma información procedente da axencia EFE.

Crime, corrupción e impunidade: «A Antesala Luminosa», de Antonio Tizón

O xornal El Ideal Gallego publicou unha información sobre a novela A antesala luminosa de Antonio Tizón. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.