Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2015

Un poeta fulcral: «Ramón Cabanillas, Cambados e o mar de Arousa», de Francisco Fernández Rei. Por Miro Villar

O escritor Miro Villar publicou no seu blog unha anotación sobre a presentación do libro Ramón Cabanillas, Cambados e o mar de Arousa, de Francisco Fernández Rei.

Unha excelente novela negra: «A memoria da choiva», de Pedro Feijoo. Crítica de Juan Romero

O profesor Juan Romero publicou no seu blog unha recensión crítica sobre A memoria da choiva, de Pedro Feijoo.     «A memoria da choiva», Pedro Feijoo En octubre de 2012 dejé unos comentarios sobre una novela a la que había llegado gracias al Club de Lectura para adultos del IES Valadares, algo que me permitió, además de disfrutar de una buena historia de aventuras, de conocer al autor.

María Xosé Queizán: «Os partidos de esquerdas daban por suposto que, coa liberación proletaria, ía vir soa a da muller, como caída do ceo»

Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico á escritora María Xosé Queizán.   «Os partidos de esquerdas daban por suposto que, coa liberación proletaria, ía vir soa a da muller, como caída do ceo» Non había feminismo organizado en Galiza na última etapa do franquismo. Pero si había feministas. Mulleres que participaron das organizacións políticas da clandestinidade e das loitas dos movementos sociais.

Presentación no Barco de Valdeorras de “A galera de Xelmírez” de Xabier Paz

O mércores, 2 de decembro, ás 20:00 horas, na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán, O Barco, terá lugar a presentación da novela A galera de Xelmírez de Xabier Paz. No acto, organizado polo Concello do Barco,  participarán Chus Rodríguez, Profesora de Lingua Galega do IES Lauro Olmo; Margarita Pizcueta, Concelleira de Cultura e  Educación do Concello do Barco de Valdeorras e o autor.

Presentación na Coruña de “A antesala luminosa” de Antonio Tizón

O mércores, 2 de decembro, ás 19:00 horas, na Biblioteca de Estudos Locais, rúa Durán Loriga, 10 da Coruña, Antonio Tizón, autor de A antesala luminosa, manterá un encontro co club de lectura da Biblioteca. No acto, aberto ao público en xeral, estará acompañado por Begoña Varela.

Helena Villar Janeiro, Socia de Honra 2015 de Galix

A escritora Helena Villar Janeiro será nomeada Socia de Honra 2015 de Galix o vindeiro 9 de decembro. Reproducimos a información da Asociación Galego do Libro Infantil e Xuvenil.   Socia de Honra 2015: Helena Villar Janeiro A xunta directiva de GÁLIX reuniuse en Santiago e, por unanimidade, decidiu nomear Socia de Honra 2015 a Helena Villar Janeiro.

Manuel Rivas: «A libraría ten que ver cunha posición moi situacionista, xa que estamos a vivir no mundo do deslugar e a libraría é o lugar»

Praza Pública publica unha entrevista de Alberto Ramos a  Manuel Rivas sobre a súa nova novela, O último día de Terranova.   «As cidades desaparecen cando os ricos fan os seus guetos, cando acabamos todos dentro dun xigante Marineda» Manuel Rivas vén de lanzar ás librarías O último día de Terranova (Xerais, 2015).

Unha novela contada con moita solvencia: «De remate», de Héctor Cajaraville. Crítica de Marta Veiga

O suplemento Táboa Redonda do xornal El Progreso publicou unha recensión crítica de Marta Veiga sobre De remate, de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela 2015. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Érica Esmorís e Andrea Maceiras: literatura infantil e xuvenil sen prexuízos

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación na Coruña de Nena e o mar de Érica Esmorís, Premio Merlín 2015, e Europa Express de Andrea Maceiras, premio Jules Verne 2015.

O iris fotográfico de Mary Quintero, a primeira muller que expuxo en España: «Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos»

O xornal Faro de Vigo publicou unha reportaxe de Mar Mato sobre o libro Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos, que ela mesma elaborou en coautoría con Fernanda Padín. A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Pedro Feijoo: «Abrín a billa do humor, a ver o que pasaba»

Radiofusión emitiu unha entrevista co escritor Pedro Feijoo  sobre a súa última novela,  Morena, perigosa e románica. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.     Pedro Feijoo: «Abrín a billa do humor, a ver o que pasaba» “Collédesme no escritorio traballando”, di Pedro Feijoo dende Barcelona, onde vive e escribe xa un novo libro.

Novidade: «s/t», de Emma Pedreira. Sen título, sen terra: todas as perdas

s/t, de Emma Pedreira é unha novidade da colección Poesía de Xerais. Premio Gonzalo López Abente, 2015 Algunhas obras quedan sen título (s/t) cando o autor non é quen de abranguer nunha única expresión todo o espírito definitivo da obra que vén de crear. Pode resultar un labor difícil de máis cando hai que pechar nel unha declaración de intencións e unha síntese. Ás veces a mellor escolla é o silencio.