Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2015

Lectura, presentación e coloquio de “O último día de Terranova” na Libraría Sisargas da Coruña

O sábado, 28 de novembro, ás 12:00 horas, na libraría Sisargas, rúa San Roque, 7, A Coruña, terá lugar a lectura, presentación e coloquio sobre a novela O último día de Terranova de Manuel Rivas. No acto participarán Manuel Rivas e Manuel Bragado.

Presentación en Pontevedra dos tres libros gañadores dos Premios Xerais 2015

O venres, 27 de novembro, ás 20:00 horas, no Paraninfo do IES Valle Inclán de Pontevedra, terá lugar a presentación dos libros Nena e o mar de Érica Esmorís (Premio Merlín de Literatura Infantil, 2015), Europa Express de Andrea Maceiras (Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2015) e De remate de Héctor Cajaraville (Premio Xerais de Novela, 2015).

Manuel Rivas: «A imaxinación necesita do humus da memoria para levedar»

O xornal Sermos Galiza publicou unha entrevista con Manuel Rivas centrada na súa nova novela, O último día de Terranova.   Manuel Rivas: «Os depósitos de esperanza non están na política nestes momentos» No Sermos en papel desta semana entrevistamos a Manuel Rivas e publicamos un adianto de O último día de Terranova, unha novela complexa, unha historia preñada de ducias doutras historias.

Unha novela honesta que peneira o máis fondo da conciencia humana: «Interferencias», de Manuel Seixas. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a novela Interferencias, de Manuel Seixas.   AS NUBES NEGRAS Retorna á narrativa o escritor e músico arousán Manuel Seixas tras anos de ausencia e faino cunha novela honesta que peneira o máis fondo da conciencia humana Seixas retorna con forza e con cousas que dicir literariamente falando, o que de seu non é pouco.

X. Ricardo Losada: «Hai tres teorías sobre a morte de Faustino Rey Romero: asasinato, accidente ou suicidio. E datos para defender todas»

La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Fran Brea a X. Ricardo Losada sobre o libro o Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo.     «Rei estaba preocupado pola hipocrisía e loitaba contra ela» Losada retrata a Faustino Rei Romero nunha biografía na que non se agocha o lado extravagante do crego de Isorna A figura do rianxeiro Faustino Rei Romero sempre estivo rodeada de polémica e misterio.

O Cabanillas de Fernández Rei

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro Ramón Cabanillas, Cambados e o mar de Arousa, de Francisco Fernández Rei.

Novidade: «A música das árbores», de Servando Barreiro e Anxo Moure. Un libro-disco con música, narración e poesía para descubrir a natureza

A música das árbores, de Servando Barreiro e Anxo Moure é un libro-disco de Xerais con música e conto. «Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro, descubriu que as árbores facían música. Cando o vento move as pólas nace unha sinfonía, unha orquestración.

An Alfaya: «A soidade é un tema que transita por case toda a miña narrativa»

Noticieirogalego.com publicou unha entrevista que lle fixo Carlos Loureiro Rodríguez á escritora An Alfaya.

Ledicia Costas abre o “VIII Encuentro entre Entidades Locales” en Madrid

O xoves, 26 de novembro, ás 10:45 horas, no Círculo de Bellas Artes, Sala Valle Inclán, Alcalá, 42, Madrid, a escritora Lecidia Costas, recente Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo libro Escarlatina, a cociñeira defunta,  abrirá o “VIII Encuentro entre Entidades Locales” organizado pola Federación Española de Municipios y Provincias coa conferencia “La literatura infantil y juvenil: Un viaje p

Presentación na Coruña de “O último día de Terranova” de Manuel Rivas

O xoves, 26 de novembro, ás 19:30 horas, na librería Lume, rúa Fernando Macías, 3, A Coruña, terá lugar a lectura, presentación e coloquio da novela O último día de Terranova de Manuel Rivas. No acto participarán Manuel Rivas e Manuel Bragado.

Sumamente atractiva: «Nena e o mar», de Érica Esmoris. Crítica de Paula Fernández

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Paula Fernández sobre a novela Nena e o mar, de Érica Esmoris, Premio Merlín de Literatura Infantil 2015, ilustrada por Dani Padrón. A recensión pode lerse ou descargarse neste enlace.

María Reimóndez: «A miña comunidade lectora está formada por persoas que buscan interrogantes na literatura»

A web Coruña Daily News publicou unha entrevista de Ana López a María Reimóndez sobre a súa novela A música dos seres vivos.