Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2015

Novidade: «Teoría do riso», de Antón Patiño. Instantes poéticos a escintilar ideogramas sobre a páxina en branco. O Adn da ironía

Teoría do riso, de Antón Patiño é unha novidade da colección de POESÍA de Xerais. É posible un riso libertario que rache coa gaiola de ferro? Esa é a pregunta invisible que percorre este libro. O entroido da revolta daquela toma corpo. Un océano de risas contra a reixa de ferro.

Xosé Cobas: «Este libro ten o valor do triunvirato de miradas e sensibilidades distinta». Entrevista de Romina Bal a Reigosa, García Teijeiro e Cobas

O xornal dixital Praza Pública publica unha entrevista de Romina Bal a Antonio Reigosa, Antonio García Teijeiro e Xosé Cobas por sobre o libro Lendo lendas, digo versos.      Reigosa, García Teijeiro e Cobas, entre lendas e versos No ámbito escolar ensinar o noso, a nosa identidade, transmitir a sabedoría que se agocha na xente maior é fundamental.

Unha delicia de lectura con roteiros máxicos: «Vento e chuvia», de Manuel Gago. Crítica de Armando Requeixo

O Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Armando Requeixo sobre o libro Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia, de Manuel Gago, ilustrado por Manel Cráneo, e reeditado en edición de campo na colección LibroX. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Retrato dun incomprendido: «Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de X. Ricardo Losada». Crítica de Maruxa Gestoso

O Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Maruxa Gestoso Álvarez sobre o libro Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de X. Ricardo Losada. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Unha novela de misterio para adentrarse na historia do Couto Mixto: «Por que as sombras non teñen ollos» de Luís García Mañá. Anotación en Redelectura

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou unha anotación sobre a novela Por que as sombras non teñen ollos, de Luís García Mañá.     Por que as sombras non teñen ollos de Luís García Mañá Luís García Mañá publica en Xerais  Por que as sombras non teñen ollos, unha novela ambientada no territorio raiano do Couto Mixto na 2ª Guerra Mundial.

A soidade e o illamento persoal é clave na novela: «Interferencias», de Manuel Seixas. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira a novela Interferencias, de Manuel Seixas. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «O último día de Terranova», de Manuel Rivas. Un lugar de memoria e emoción

O último día de Terranova, de Manuel Rivas, é unha novidade de Xerais Narrativa A libraría Terranova é un lugar diferente no planeta Terra, habitada por libros e almas, un escenario de amores e resistencia, un refuxio de náufragos da vida, un santuario de animais, un lugar de memoria e emoción, onde de súpeto aparece no escaparate o letreiro da Liquidación total de existencias por peche inminente.

Un artigo de Manuel Bragado arredor do libro «Mary Quintero Retratista desde os 15 anos»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Faro de Vigo un artigo arredor da figura da fotógrafa Mary Quintero e o libro Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos, que ela mesma elaborou en coautoría con Fernanda Padín. O artigo pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Un libro imprescindible: «Lendo lendas, digo versos», de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha recensión sobre o libro Lendo lendas, digo versos de Antonio Reigosa e Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xosé Cobas.   Lendo lendas, digo versos, de Antonio García Teijeiro, Antonio Reigosa e Xosé Cobas Preséntase mañá na cidade de Vigo este libro de autoría múltiple e lamento non poder asistir por outro compromiso previo que debo atender.

Mary Quintero: «O meu pai tiña unha mentalidade moi aberta porque en 1947 xa quixo que eu asinase co meu nome»

Atlántico Diario publicou unha entrevista de Ana Baena a Mary Quintero, sobre o libro Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos, escrito por Mary Quintero  e  Fernanda Padín.

Tradución con chispa de Astérix: «O papiro do César». Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso sobre O papiro do César, o novo álbum de Astérix. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

María: «Bieito non era capaz de comprometerse na súa vida persoal» (booktráiler)

Reproducimos un novo corte do booktráiler da novela De remate, de Héctor Cajaraville, centrado nunha dobre entrevista a María e tamén a Miguel. Este booktráiler é un falso documental da novela que gañou Premio Xerais 2015.