Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2015

Unha voda… literaria: «De remate», libro dun santiagués profeta na terra

O xornal El Correo Gallego publicou unha información sobre Héctor Cajaraville e a súa novela de De remate, Premio Xerais 2015. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Érica Esmorís: «Nena é vida e a vida sempre gaña»

A revista Criaturas publicou unha entrevista de Daniel Landesa á escritora Erica Esmoris, gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015 con Nena e o mar. O libro está ilustrado por Dani Padrón. A entrevista tamén pode descargarse en pdf. Nestoutra ligazón pode consultarse toda a información publicada sobre Nena e o mar.

Pedro Feijoo: «A heroicidade está nas pequenas cousas diarias»

A web de Onda Cero reproduce a entrevista que a xornalista Susana Pedreira lle fixo ao escritor Pedro Feijoo  na libraría Cronopios sobre a súa última novela,  Morena, perigosa e románica. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Un tratamento pioneiro do lendario popular galego: «Lendo lendas, digo versos», de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o libro Lendo lendas, digo versos de Antonio Reigosa e Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xosé Cobas.   «Lendo lendas, digo versos» Acabamos de publicar Lendo lendas, digo versos de Antonio Reigosa e Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xosé Cobas.

Pilar Ponte: «É unha gozada ler ‘De remate’ porque se ve que o autor domina o oficio da palabra»

A web O noso lar  publicou un vídeo da presentación en Compostela de De remate, de Héctor Cajaraville, Premio Xerais 2015.

Novidade: «Onde viven as fadas?» Conto para ler ás escuras

Onde viven as fadas?» Conto para ler ás escuras, de Ignasi Valios i Buñuel, é unha novidada deste outono literario de Xerais. Buscando o lugar onde viven as fadas, atoparedes un mundo de fantasía cheo de personaxes marabillosos, coma os trasnos que viven no bosque, as sereas que habitan no mar, as pantasmas…, e descubriredes cal é o fogar das fadas. Este libro é moi especial: pódese ler ás escuras.

Cinco relatos irmanados pola emoción: «De cristal», de Silvestre Gómez Xurxo. Anotación de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre a novela De cristal, de Silvestre Gómez Xurxo.     «DE CRISTAL», de Silvestre Gómez Xurxo, ou cando os relatos se converten en PURA EMOCIÓN Gústame moito ler relatos. Coido que na nosa sociedade actual esta sorte de xénero literario non se valora dabondo. Coma o teatro, coma a poesía.

Memorable «De remate» en Compostela

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o a presentación de De remate, de Héctor Cajaraville, Premio Xerais 2015.   Memorable «De remate» en Compostela Vivimos onte en Couceiro unha presentación memorable. Na libraría compostelá non entraba un agulla máis para participar na estrea literaria de Héctor Cajaraville, gañador do Premio Xerais de Novela 2015 con De remate.

Novidade: «Nena e o mar», de Érica Esmoris, Premio Merlín de Literatura Infantil 2015. Unha aventura de esperanza e valentía

Nena e o mar, de Érica Esmoris, é o Premio Merlín de Literatura Infantil 2015. Está ilustrado por Dani Padrón. Recomendado de 11 anos en diante. Premio Merlín de Literatura Infantil 2015 Porto Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus anciáns habitantes perderon a esperanza.

Manuel Seixas: «Non sei se terei forzas para escribir outra novela»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Anxo Martínez a Manuel Seixas, sobre a súa novela Interferencias. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Un poeta admirable: «A boca da terra», de Manuel Rivas. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre A boca da terra, de Manuel Rivas. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

A forza da palabra, instrumento para desentrañar a tormenta: «Europa Express», de Andrea Maceiras. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre Europa Express, de Andrea Maceiras, a novela gañadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015.   Europa Express Este ano 2015 o Premio Jules Verne de Literatura recaeu en Andrea Maceiras con este seu libro que agora ve a luz, Europa Express, que publica Xerais. Un grupo de amigos e amigas que viaxan ao rematar os estudos de Bacharelato.