Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2015

Manuel Rivas: «A ironía é o humor que denota que existe a dor»

O xornal catalán Ara publicou unha entrevista de Jordi Nopca o escritor Manuel Rivas sobre a súa novela O último día de Terranova.(Foto: Ara / Manolo García). A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Unha novela tan profunda coma o mar: «Nena e o mar», de Érica Esmoris. Crítica en Libros Lectureka

O blog xuvenil Libros Lectureka publicou unha anotación  sobre a novela Nena e o mar, de Érica Esmoris, Premio Merlín de Literatura Infantil 2015, ilustrada por Dani Padrón.

Retratar A Coruña nas orixes da fotografía: «Calendario 2016. A Coruña anónima»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de O Calendario 2016. A Coruña anónima.   «A Coruña Anónima» Máis dun cento de persoas xuntáronse onte no CGAI para participar na presentación d’ A Coruña Anónima, o calendario para o ano 2016 preparado polo fotógrafo José Caruncho e o xornalista Antonio López Mariño.

Narración, música e poesía para vivir en harmonía coa natureza: «A música das árbores», de Servando Barreiro e Anxo Moure

Narración, música e poesía para vivir en harmonía coa natureza: «A música das árbores», de Servando Barreiro e Anxo Moure

A web Música en galego publicou unha anotación sobre o libro-disco A música das árbores, de Servando Barreiro e Anxo Moure.   ANXO MOURE e SERVANDO BARREIRO: «A música das árbores» «Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro, descubriu que as árbores facían música. Cando o vento move as pólas nace unha sinfonía, unha orquestración.

Levaba tempo sen desfrutar dun libro coma este: «De remate», de Héctor Cajaraville. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobrea novela De remate, de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela 2015. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Ledicia Costas, unha «outsider» que está en racha. Reportaxe en El País Semanal

El País Semanal publicou unha información sobre a escritora Ledicia Costas, recente Premio Lazarillo 2015 pola súa novela xuvenil Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante e recente Premio Nacional de Literatura Infantil pola súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta.   A información pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

As librarías e «O último día de Terranova», de Manuel Rivas. Artigo de Quique Alvarellos

O escritor e editor Quique Alvarellos publicou en El Correo Gallego un artigo de opinión sobre O último día de Terranova, de Manuel Rivas.

E volverá a maxia?: «Secretos de una bruja celta», de Rosa María Alonso Ferragud

O xornal El Ideal Gallego publicou unha información sobreSecretos de una bruja celta, de Rosa María Alonso Ferragud A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Sinatura de “Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos” en El Corte Inglés de Vigo

O venres, 18 de decembro, de 7 a 9 da tarde, Mary Quintero e Fernanda Padín asinarán exemplares do libro Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos en El Corte Inglés de Vigo.

“Da institución escolar ao centro do canon: Agustín Fernández Paz” Tese de doutoramento de Eulalia Agrelo

Hoxe luns, 14 de decembro de 2015,  na Facultade de Filoxoxía da Universidade de Santiago de Compostela, Eulalia Agrelo defende a súa tese de doutoramento:  “Da institución escolar ao centro do canon: Agustín Fernández Paz” Os nosos parabéns por un traballo, que sabemos, é de  gran calidade.

Manda truco! Así de interesante, tan ben escrita, cunha arquitectura tan intelixente: «De remate», de Héctor Cajaraville. Artigo de Pinto Antón

O xornal El Progreso publicou un artigo de Juan Antonio Pinto Antón sobre a novela De remate, de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela 2015.   E de súpeto, un tal Héctor Cajaraville A BIBLIOTECA pública de Lugo ten uns oitenta mil libros. Non son poucos. Son poucos comparados cos de Heidelberg, cidade universitaria alemana de estatura similar á nosa. 3,2 millóns de libros. Esbardallas con contas irreais.

Manuel Rivas: «A cultura é o grande barómetro da humanidade e Terranova é un espazo cultural anfibio, un lugar de resistencia»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co escritor Manuel Rivas sobre a súa novela O último día de Terranova. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.