Menu Xerais

A dimensión aventureira das nenas: «O segredo da illa negra», de Agustín Fernández Paz

Radiofusión publicou unha información sobre O segredo da illa negra, de Agustín Fernández Paz. Foto: Agustín Fernández Paz, entrevistado para Radio Fene por Pitusa Arias.

 

A dimensión aventureira das nenas

“É tempo de reivindicar a dimensión aventureira das nenas” afirma o escritor Agustín Fernández Paz, antigo colaborador de Radio Fene que ven de publicar en Xerais, “O segredo da illa negra”, un libro especialmente adicado para a rapazada maior de oito anos.

Agustín indica que un bó libro infantil debe contar unha historia que seduza e facelo cunha linguaxe que amplíe a concepción do mundo dos lectores. Fernández Paz intenta consolidar nos nenos e nenas o pracer de ler, con historias que fascinen. Pero tamén transmite a súa visión do mundo. Un mundo onde non haxa lugar para a dominación dunhas persoas por outras. Un mundo onde a liberdade e a xustiza sexan valores básicos.

Deixa un comentario!