Menu Xerais

Falece o crítico Manuel Rodríguez Alonso, coautor do «Dicionario Xerais de Primaria»

Faleceu onte en Pozuelo (Madrid) o crítico, ensaísta e filólogo Manuel Rodríguez Alonso, coautor do Dicionario Xerais de Primaria, quen exercía a crítica literaria en Galicia, especialmente desde o seu blog Bouvard e Pécuchet. Desde Xerais queremos expresar as nosas condolencias polo seu falecemento.

Rodríguez Alonso era licenciado en Filoloxía pola USC e doutor pola Universidade Autónoma de Madrid. Traballa na UNED, como profesor de ensino medio. En 1988, comezou a traballar como lingüista para a editorial Edicións SM. Colaborou na elaboración de diversos materiais didácticos e pedagóxicos, como dicionarios ou gramáticas. Colaborou en revistas como Grial, A Nosa Terra, Revista de Lengua y Literatura Catalana, Gallega y Vasca, Vieiros e Tempos Novos.

 

Deixa un comentario!