Menu Xerais

Finalistas dos Premios da Edición

A Asociación Galega de Editores fixo pública a lista dos libros finalistas dos Premios da Edición 2014. Os galadróns elíxense nunha primeira proposta de candidaturas, tres por editorial e categoría, realizada polas empresas que o desexen, e unha segunda na que os editores votan a dúas candidaturas de cada categoría, agás as propias. O mércores 28 de xaneiro finalizou a fase de votacións e os libros, autores e proxectos finalistas pasarán agora a un xurado composto por un libreiro, unha bibliotecaria, un xornalista, un escritor e un editor, este último sen vinculación coas as empresas editoriais asociadas.  Os libros de Xerais que están entre os finalistas son os seguintes:

 

PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE FICCIÓN 2014

A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz (Xerais)

Salseiros, de Suso Lista. Edicións Embora.

Somnámbulos de Suso de Toro (Xerais)

Dende o conflito, de María Reimóndez (Xerais)

PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE POESÍA OU TEATRO NO ANO 2014

Onde nunca é mañá, de Manuel Álvarez Torneiro, Kalandraka Editora.

Anamnese, de Eli Rios. Sotelo Blanco Edicións.

Dun lago escuro, de Marta Dacosta (Xerais)

Atravesar o fantasma, de Carlos Callón (Xerais)

Os privilexios dos sonámbulos, de Pablo Bouza. Alvarellos Editora.

PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE NON FICCIÓN ANO ANO 2014

O soño galego de Julio Cortazar, de Francisco X. Fernández Naval. Ediciones Linteo

Galleira.Passport. Crónicas viaxeiras do século XXI, de Luís Méndez. Alvarellos Editora

María Barbeito. Unha vida ao servizo da escola e dos escolares ( 1880-1970), de Ana Romero Masía. Baía Edicións.

Á prócura da poesía, de Aurora López e Andrés Pociña. Alvarellos Editora.

PREMIO LOIS TOBÍO Á TRADUCIÓN NO ANO 2014

Cidade de cristal, de Xabier Queipo. El Patito Editorial

Tratado Lóxico-Filolóxico, de Xoán Fuentes Castro. Toxosoutos.

As floriñas de San Francisco, de Dario X. Cabana. Alvarellos Editora.

Ofrenda á tormenta, de Ramón Nicolás (Xerais)

PREMIO ISAAC DÍAZ PARDO AO LIBRO ILUSTRADO DO ANO 2014

Erik o construtor de soños, de Dani Padrón. Editorial Bululú.

O soño de Esther, de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso. Nova Galicia Edicións.

As floriñas de S. Francisco, de Darío X. Cabana. Alvarellos Editora.

Ovella descarreirada, de Óscar Villán (Xerais)

O libro dos bicos, de Nuria Díaz. Edicións Embora.

Leviatán, de Ramón Trigo. Kalandraka Editora.

Feroz o lobo, de Leire Salabarria. OQO Editora.

Elefante comillón, de Marc Taeger. Kalandraka Editora.

PREMIO NEIRA VILAS AO MELLOR LIBRO INFANTIL E XUVENIL DO ANO 2014

REO, de Xesús Fraga. Editorial Galaxia.

A fuxida, de Berta Davila. Biblos

O soño de Esther, de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso. Nova Galicia Edicións.

Miña querida Sherezade, de Andrea Maceiras. Baía Edicións.

A cociñeira do rei, de Soledad Felloza. OQO Editora.

Non hai berce coma o colo, de Magoia Bodea e outros. Kalandraka Editora.

Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas (Xerais)

Ovella descarreirada, de Marilar Aleixandre (Xerais)

Xique Xoque, Fiu Fiú+ DVD, María Fumaza. Editorial Galaxia.

Cuca e o abrigo marrón, Patricia Castelao. Edicións Rodeira.

PREMIO XOSEFA IGLESIAS VILARELLE AO MELLOR LIBRO EDUCATIVO DO ANO 2014

Colección Emocións ( 9 títulos), de Mireia Canals/ Sandra Aguilar. Baía Edicións.

Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento, de Xosé Ramón Pena (Xerais)

Quen falta?, de Arianna Papini. Kalandraka Editora.

Historia das mulleres galegas. Das marchas nómadas á Marcha Mundial das Mulleres. Baía Edicións.

PREMIO ROSALÍA DE CASTRO Á INICIATIVA EDITORIAL DO ANO 2014

Serie audiovisual Cocorico. OQO Editora.

Lemos, cantamos, gozamos… Semana da Música Infantil nas Feiras do Libro. Editorial Galaxia.

Colección Oeste( Divulgación &Ensaio) . Alvarellos editora

Colección RESCATE.  Alvarellos editora

Proxecto europeo Cociña de Contos . OQO editora

PREMIO XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ AO AUTOR/AUTORA OU COLECTIVO DE AUTORES EN LINGUA GALEGA NO 2014

Begoña Caamaño,  María Reimóndez e Xurxo Souto

 

Deixa un comentario!