Menu Xerais

Finalistas dos Premios Xerais 2015

Tras un xantar no Castelo de Soutomaior, os tres xurados dos Premios Xerais 2015 declararon as obras finalistas.

O xurado da XXXII edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.000 euros e no que concorren trinta e catro obras, formado por: Ángel Ramiro Paz «Cano» (libreiro. Libraría Paz de Pontevedra), Anxo González Guerra (profesor xubilado), Sofía Tarela (música), María Costa Vázquez (editora), Alejandro Costas Gándara (programador) e Fran Alonso (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar finalistas as obras presentados cos lemas «Adiante sempre»«De remate» e «Pedra d’ Ostral».

O xurado da VII edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil , dotado con 10.000 euros e no que concorren vinte e tres obras, formado por: Anxos Rial Vidal (profesora e coordinadora dos clubs de lectura do IES de Poio), Xesús Pena Pérez (licenciado en química), Noemí Lage Redondo (alumna de 4º de maxisterio en Lugo ), Itziar Fernández Sömme (alumna de 2º de Bacharelato no IES Castro Alobre de Vilagarcía), Nicolás Teixeiro Garrido (alumno de 4º da ESO no IES Terra de Turonio de Gondomar) e Xosé Manuel Moo Pedrosa (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar finalistas as obras presentadas cos lemas «Europa»«Leaena Hiems» e «Violeta».

O xurado da XXX edición do Premio Merlín de Literatura Infantil , dotado con 10.000 eurose no que concorren trinta e tres obras, formado por: Alicia Borrás  (escritora), Dani Padrón (ilustrador), Daniel Landesa (escritor), Celia Pereira Porto (licenciada en dereito), Carmen Pereiro González (licenciada en Filoloxía Galega) e Helena Pérez Fernández (secretaria do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar finalistas as obras presentadas cos lemas «Aleteo Brisalinda»«Divina Sandamil»«Megumi» e «Onde só queda alguén para aguantar dos nomes».

Os tres xurados determinarán as obras gañadoras o sábado 6 de xuño. O acto no que se dará a coñecer o seu ditame terá lugar ese mesmo día na illa de San Simón, actuando como mantedor literario o escritor Miguel Vázquez Freire e como artista musical Cé orquestra pantasma.

Deixa un comentario!