Menu Xerais

Unha historia con lirismo: «Historia da bicicleta dun home lagarto», de Fina Casalderrey. Anotación en Redelectura

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou unha anotación sobre Historia da bicicleta dun home lagarto, de Fina Casalderrey.

 

Libros que andan polas bibliotecas

Ilustracións con moito movemento e moita línea curva, ás veces cun aire que lembra aos debuxos doutra época.
Desa época é o relato. Unha historia de guerra, de recuperación histórica no mellor sentido da palabra. Unha historia con lirismo, que pode lembrar as de Juan Farias.
Un neno que admira ao amigo do seu pai, o home lagarto. Porque os homes lagarto suben aos postes, voan dun lugar a outro en bicicleta… son os celadores da telefonía. O neno, Mundo, quere ser coma el, celador de telefonía. A admiración ha ir máis alá da bicicleta e faciliadade para escalar, porque un día desaparece o pai e será este amigo o que axude á familia levándolle algo que comer pero tamén noticias do pai.
Farao mediante libros, neles van as mensaxes do “desaparecido”. Porque nesa época desaparecían… o humor de Fina aplasta con contundencia: seica os levan “de paseo”.  Pero xusto cando debería estar rematando a guerra deteñen a este home lagarto. Haberá que facer sacrificios para que esa forza descoñecida na que queremos confiar nolo traia, igual que trouxo ao pai; haberá que deixar de respirar, haberá que tentalo.
El rayo que no cesa, e o seu autor, Miguel Hernández, están presentes na historia.

Deixa un comentario!