Menu Xerais

Ledicia Costas, Premio Lazarillo 2015 con «Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante»

A escritora Ledicia Costas foi galardoada esta pasada fin de semana co Premio Lazarillo 2015 pola súa novela xuvenil Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante, novela que publicará Xerais en 2016. O premio, convocado pola Organizacion Espanola para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI), co patrocinio do Ministerio de Educacion, Cultura e Deporte, ten unha dotación de 2500 euros e contou cun xurado integrado por Xosé Antonio Perozo, copresidente da OEPLI, Arantxa Bea, Aurelio Erdozain, Ana María Navarrete e Antonio Manuel Fraga, designados por cada unha das catro seccións territoriais da OEPLI. Actuou como secretaria, sen voz e sen voto, Ana Cendán, Secretaria Tecnica da OEPLI. O xurado destacou da obra obra ganadora  que se tata dunha «novela ben escrita, cunha narración fluída, unha estrutura moi ben axeitada e unha linguaxe sinxela pero elaborada, que combina con precision elementos da realidade e ficcion e imprimíndolle un aire de misterio que contribúe a facer moi emocionante a súa lectura».

Ledicia Costas recibiu o pasado mes de outubro o Premio Nacional de Literatura Infantil pola súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta.

Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante

Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante é unha obra ambientada no Vigo do século XIX. Nela recréase unha das visitas de Jules Verne á cidade da ría que o inspirou para escribir un dos episodios de 20.000 leguas de viaxe submariña. Con todo, contra o que acredita a documentacion da época, esta visita de Verne a Vigo no ano 1.884 non é fortuita. O escritor chega á cidade porque esta a perseguir o rastro das misteriosas mulleres planta.

A protagonista da obra é Violeta, unha adolescente intelixente e inconformista que vive cos seus avós nunha botica. Os tres están convencidos de que ninguén máis ca eles coñece o segredo que agochan desde hai decadas: que tanto a propia Violeta como a súa avoa Melisa pertenecen a esa estirpe de mulleres metade humanas, metade planta. Coa chegada do escritor á cidade, iníciase unha aventura na que hai submariños, iates a vapor e  extrañas criaturas con alma de planta.

 

Deixa un comentario!