Menu Xerais

Novidade: «O Miño. Un caudal de historia», de Anselmo López Carreira: o devir da historia a través dun río

O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira, é unha novidade da colección LIBROX.

O Miño, atravesando toda Galicia en diagonal (ou toda a Gallaecia xuntándolle o Sil), constitúe un factor de primeira magnitude no cicelado da historia do país. O seu fluír vainos suxerindo momentos moi diversos que se nos presentan sen orde cronolóxica. Se o lector reordenase os capítulos conforme a secuencia temporal, comprobaría que o panorama abrangue desde os tempos máis recuados ata o presente. Todo o existir da nación.

Deixa un comentario!