Menu Xerais

O calendario de Alberto Martí. Calendario Xerais 2016: as fotos da emigración

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o Calendario Xerais 2016.

 

O calendario de Martí

Xa está á venda o Calendario Xerais 2016 dedicado á serie sobre a emigración do fotógrafo Alberto Martí. Tras o éxito dos calendarios fotográficos anteriores, dedicados a Ruth Matilda Anderson e José Suárez, escolléronse as fotos da exposición Os Adeuses para que o seu comisario, José Caruncho, seleccionase unha ducia das pezas máis conmovedoras. Un calendario que constitúe un excepcional documento daquelas despedidas da Galicia emigrante no peirao da Coruña de finais dos cincuenta e comezos dos setenta, así como da chegada a Vigo en 1961 do Santa María após do secuestro polo DRIL. Unha ducia de atados de memoria que agardo contribúan a poñer en valor o noso patrimonio fotográfico. Un agasallo magnífico con memoria.

Manuel Bragado

Deixa un comentario!