Menu Xerais

«O corazón de Xúpiter», de Ledicia Costas, centrará mañá o encontro do Comando Le de Espazo Lectura

Un encontro  coa escritora Ledicia Costas en torno ao seu libro O corazón de Xúpiter centra a sesión de mañá sábado 28 de febreiro, do Comando Le de Espazo Lectura, unha actividade dirixida para mozos e mozas adolescentes en horario nocturno (de 20:00h a 00:00h).

Ledicia Costas falará de «O corazón de Xúpiter» co Comando Le

Este sábado 28 de febreiro de 2015, de 20:00h a 00:00h, celebraremos na Casa da Lectura unha nova sesión do Comando Le, o grupo de activismo cultural de Espazo Lectura para rapaces e rapazas de máis de 12 anos. Nesta ocasión a sesión xirará arredor do tema da privacidade e a identidade en internet e o obxectivo será reflexionarmos xuntos sobre unha serie de problemas que os psicólogos, os educadores e os especialistas en novas tecnoloxías din que están aumentando: problemas de identidade e privacidade na rede, de acoso, de respecto cara aos demais, de dependencia e illamento, de relacións sociais…
A sesión organizarase en dúas partes:
  • 1ª parte. Charla-coloquio coa escritora Ledicia Costas arredor do seu libro O corazón de Xúpiter.
  • 2ª parte. Proxección e debate de varios vídeos sobre identidade e privacidade en internet.

Non pretendemos criticar nin demonizar o uso das novas teconoloxías, pero, como ocorre tamén con moitas outras ferramentas, un mal uso pode supoñer riscos que debemos coñecer e sobre os que queremos reflexionar cos comandoleiros e comandoleiras.

Deixa un comentario!