Menu Xerais

Para ler cun chocolate quente: «O último que queda é o amor», de Agustín Fernández Paz

O blog  Mil y una historias, levado por unha estudante, recensionou o libro O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz.

 

 

Reseña Express: «O último que queda é o amor»

¡Ola lectores!
una vez máis chegou o turno de reseñaros un libro moi especial, xa que está en galego, a miña lingua natal e creo que é un libro que concorda bastante ben co estilo do blog. Como xa sabedes, actualmente estou comezando a reseñar todo o que poda noutros idiomas os libros que leo, ben sexa inglés ou galego. Ver a anterior reseña en galego aquí.

 
 

O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR:

Autor: Agustín Fernández Paz

Ilustrador: Pablo Auladell

Editorial: Xerais

ISBN: 9788497826280

Páxinas: 175 páx.

Prezo: 14.50€

Sinopse:

Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián… todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, “na vida o único que queda é o amor”. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.

E cando me decato de que imos pasar por este mundo sen deixar rastro despois de levar unas vidas estúpidas, comprendo con rabia que na vida o único que queda é o amor”. Neve: Orphan Pamuk.

 

Ben, primeiro que nada, debo agradecerlle ao meu profesor de galego por recomendarme este libro, unha recopilación de dez historias diferentes que gardan temas semellantes que as manteñen unidas por un fío invisible, como ben di a sinopse, que é a literartura.
Entre as páxinas desta obra atoparemos historias cuxo tema “principal” é o amor, pero dende o meu punto de vista non se trata do que hai entre o personaxes, senón o que sinten pola literatura, moi presente en cada un dos relatos, tanto para coronar o título como formando pate do propio argumento.
Hala bicar. E o bico que lle deas será polo que medirás todos os outros bicos da túa vida”. Corazóns en Atlántida: Scott Hicks.
Os relatos que podes atopar son os seguintes:
1. Un radiante silencio; coñeceremos a Sara, una empresaria amante da literatura que desexa cambiar a súa vida e atopar finalmente o amor.
2. Amor de agosto; mostra como o primeiro namoramento é inolvidable, ou polo menos, se de verdade o sentiches.
3. Esta extraña lucidez; historia de amor contada dende o punto de vista dun can.
4. Unha historia de fantasmas; nunha reunión pola noite, un home contará unha extraña historia sobre una parella.
5. Ríos de memoria; demostra como os recordos da noso pasado e xuventude marcan o noso presente.
6. Loanza da filatelia; confirma como, ás veces, non coñecemos ben a xente do noso arredor.
7. Unha foto na rúa; afirma como un pequeño xesto pode convertirse no noso mundo.
8. Meditación ante o álbum de fotos familiar; un secreto.
9. Despois de tantos anos; mostra como primeiro namoramento correspondido, nunca se olvida.
10. Un río de palabras; fai ver como a literatura é máis importante do que pensamos nas nosas vidas.
Todas as lembranzas son sucos de bágoas”. 2046: Wong Kar Wai
 Tentei de daros una pequena idea de que atoparedes en cada unha das historias sen desvelaros moito, así que espero que vos chegue o meu intento. Ademáis ao final do libro hai unha pequena nota do autor onde explica de onde son cada un dos fragmentos usados, algo que realmente é xenial e útil.
En sí, é un libro curto e sinxelo, decorado con algunas ilustracións e que gustoume debido a que todas as historias son diferentes – aínda que melancólicas e escritas dun xeito misterioso e triste, quizáis – pero mantendo en común que a literatura sexa unha parte importante.
Sin duda é un libro perfecto para leer tranquila e rápidamente nunha tarde na casa, especialmente se o acompañas dun día chuvioso ou frío e un chocolate quente. (P.D: ¡Non olvidedes seguir ao blog nas redes sociais para enteraros de todo!)

Deixa un comentario!