Menu Xerais

Presentación en Lugo de “O Miño. Un caudal de historia” de Anselmo López Carreira

O venres, 27 de marzo, ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Deputación de Lugo, rúa San Marcos, 8, dentro dos actos organizados no Festival da Biosfera, Anselmo López Carreira falará do seu libro O Miño. Un caudal de historia.

Galicia é o país dos dez mil ríos. A complexa rede que tecen os seus caudais sobre o noso territorio e o seu transcendental impacto sobre as nosas vidas pasan a miúdo desapercibidos para o conxunto da cidadanía. O Festival da Biosfera ten como obxectivo fundamental dar visibilidade á cultura fluvial e dos bosques e o seu valor ambiental, económico, social e cultural. Buscamos concienciar os cidadáns da importancia vital de preservar os nosos bosques, os nosos ríos, a calidade das súas augas e a contorna na que se insiren.

O maior símbolo fluvial de Galicia, o Miño, pasa pola capital lucense e deixa a súa fonda pegada na vida da cidade. Un río que define o carácter da capital lucense e que a posiciona dentro de “Terras do Miño”, a segunda maior reserva da biosfera do Estado. Será polo tanto, xunto aos bosques que atravesa, un dos protagonistas principais deste Festival da Biosfera e dos distintos eventos programados ao longo de todo o mes.

 

Deixa un comentario!