Menu Xerais

Presentación en Narón de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O venres, 2 de outubro, ás 19:30 horas, na librería Day, Estrada da Gándara, 141 de Narón, terá lugar a performance interactiva de Xurxo Souto sobre o libro Contos do mar de Irlanda.

Un día Xurxo Souto sentiu unha terrible falta de ignorancia. A pesar de vivir nunha cidade-barco, A Coruña, nunca ninguén lle tiña falado do mar.

Descubriu tamén que esta ausencia de océano era común á inmensa maioría das súas veciñas e veciños.

Decidiu facer algo elemental: preguntar no seu entorno, e axiña apareceron mariñeiros e vellos patróns por todos os curruchos. Un universo –sustento económico da nosa realidade- absolutamente descoñecido para o terrícola.

Desta descuberta xurdiu un libro, Contos do mar de Irlanda.

E tamén este espectáculo radicalmente interactivo, porque os asistentes coñecen e, inmediatamente, interpretan cancións que naceron no Gran Sol e Terranova. Corpus sonoro da Galiza oceánica que, por fin, comeza a arribar a porto.

Deixa un comentario!