Menu Xerais

Presentación en Noia de “Agosto de memoria e morte” de Xoaquín Fernández Leiceaga

O venres, 6 de novembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos, de Noia, terá lugar a presentación da novela Agosto de memoria e morte de Xoaquín Fernández Leiceaga.

No acto, organizado pola Concellería de Cultura de Noia, a Asociación Cultural Barbantia e Xerais, participarán Xesús Laíño, Presidente de Barbantia; José Manuel Lage, Concelleiro de Cultura; e Xoaquín Fernández Leiceaga.

Deixa un comentario!