Menu Xerais

Presentación en Ourol de “Contos do mar de Irlanda”

O sábado, 28 de marzo, ás 20:00 horas, dentro da xornada de celebración do primeiro aniversario da Asociación Aturuxeiros, Xurxo Souto presenta, no local social Bravos de Ourol, o seu libro Contos do Mar de Irlanda.

Alén do autor, participarán tamén, Manuel Lamelas e Manu Rodríguez, dous protagonistas do libro, mariñeiros de Bravos que traballaron decote na auga do Gran Sol.

Deixa un comentario!