Menu Xerais

Presentación en Pontevedra de “Galicia Encantada” edición de Antonio Reigosa

O martes, 17 de marzo, ás 20:00 horas, no Salón de Actos d’A Casa das Campás, rúa Don Filiberto, 9-11 (a carón do Teatro Principal) en Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, edición de Antonio Reigosa.

No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra e Xerais, participarán Poldo Cañizo Durán, Rafael Quintia, Calros Solla, Antonio Reigosa e Manuel Bragado.

 

Deixa un comentario!