Menu Xerais

Presentación en Pontevedra dos tres libros gañadores dos Premios Xerais 2015

O venres, 27 de novembro, ás 20:00 horas, no Paraninfo do IES Valle Inclán de Pontevedra, terá lugar a presentación dos libros Nena e o mar de Érica Esmorís (Premio Merlín de Literatura Infantil, 2015), Europa Express de Andrea Maceiras (Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2015) e De remate de Héctor Cajaraville (Premio Xerais de Novela, 2015).

No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra e Xerais,  participarán Anxo González Guerra, Dani Landesa, Anxos Rial, Érica Esmorís, Andrea Maceiras, Héctor Cajaraville e Manuel Bragado.

Deixa un comentario!