Menu Xerais

Presentación en Ribadavia de “Cuarto minguante” de Bautista Álvarez

O sábado, 21 de febreiro, ás 17:30 horas, no restaurante Casal de Armán, na parroquia de Santo André de Campo Redondo, en Ribadavia, tera lugar a presentación da novela Cuarto minguante de Bautista Álvarez.

 

 

No acto, organizado pola Mesa O Carballiño-Ribeiro, a Agrupación Cultural Auriense, a Fundación Bautista Álvarez e Xerais, intervirán Pilar García Negro, Manuel Bragado e Bautista Álvarez.

Por cuestións de aforo, prégase confirmar asistencia no teléfono 981 57 02 65 ou no correo electrónico info@bautistaalvarez.org

Ao remate do acto compartiremos un viño galego.

 

Deixa un comentario!