Menu Xerais

Presentación na Coruña de “Coller as rendas” de Yolanda Castaño

O sábado, 28 de febreiro, ás 18:00 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, terá lugar o contacontos para pequen@s lector@s arredor do libro Coller as rendas de Yolanda Castaño, ilustrado por Xosé Tomás.

No acto, organizado pola librería Moito Conto e Xerais, participarán Yolanda Castaño, Xosé Tomás e Manuel Bragado.

Deixa un comentario!