Menu Xerais

Texto de Dulce María López Rivera para a presentación de «Dragal», de Elena Gallego Abad

Reproducimos o texto da escritora Dulce María López Rivera para a presentación de de Dragal IV, A estirpe do Dragón de Elena Gallego Abad en Redondela.

 

 

 

PRESENTACIÓN  ELENA  GALLEGO  ABAD  EN  “A CARAMBOLA”, REDONDELA

Ola, boa tarde prezado público, un saúdo moi especial ao alumnado dos institutos  “Illa de San Simón” e “Mendinho”, aquí presentes. É para min un pracer que os donos desta libraría, Paula e Javier, persoas tan implicadas no desenvolvemento cultural deste povo,incansables propagadores do saber, confiasen en min para a presentación desta escritora, Elena Gallego Abad, sen dúbida unha pedra angular na que se sostén a narrativa galega dos nosos días. Comezarei facendo un breve resumo da súa bio-bibliografía.

Elena Gallego Abad naceu en Teruel en 1969 por unha serie de rocambolescas circunstancias familiares que non veñen a conto. O caso é que de contado se desprazou coa súa familia a Galicia e, por cousas do destino, os seus pais decidiron afincarse en Verín (Ourense).

Xornalista cunha ampla traxectoria profesional en medios de comunicación galegos, tanto prensa escrita como radio. Membro do Colexio Oficial de Xomalistas de Galicia  e da Federación Internacional de Periodistas , traballou en distintos medios de diversas localidades galegas. Desempeñou labores de locutora e redactora nas emisoras de Radio Ourense, Radio Minuto Santiago, Radio Popular Ourense, Voz de Galicia Radio en Verín e Onda Cero Ourense. Colaborou como redactora e fotógrafa en distintas delegacións dos xomais La Voz de Galicia e La Región. No ano 1998 recibiu o Premio «Xosé Aurelio Carracedo» de Xornalismo , pola produción e realización do programa A Fiestra, emitido en Onda Cero Ourense. En 1999 incorporouse ao cadro de persoal de Faro de Vigo nas súas delegacións de Ourense e Pontevedra, tamén traballou en Cangas do Morrazo.

Integrante da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega  e da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil , Elena Gallego Abad é autora da triloxía Dragal, o último dragón galego. A primeira novela, Dragal. A Herdanza do dragón, editada por Xerais en 2010, foi finalista do IV Premio Caixa Galicia de Literatura Xuvenil  e tamén o Frei Martín Sarmiento; en 2011 publicaríase Dragal II. A Metamorfose do dragón con grande éxito de público e crítica e en 2012 Dragal III. A Fraternidade do dragón  que durante os primeiros meses de 2013 y a lo longo do 2014 liderou as vendas de literatura infantil e xuvenil en Galicia.
A saga DRAGAL, editada en galego por Edicións Xerais y despois traducida a distintas linguas, saltará moi pronto ás pantallas de cine e distintos soportes multimedia. A saga literaria ten continuidade cunha nova novela, Dragal IV. A estirpe do dragón, publicada en abril de 2015 e coa que se inicia unha segunda triloxía.

Polo medio de todo isto, publica tamén a obra Sete caveiras.

E remato de facer mención aos seus méritos pois sería tarefa interminable nomear todos os que obran en poder desta escritora.

Eu cheguei á súa obra por casualidade. Foi proposta o ano pasado para comentar no club de lectura do meu instituto e debo confesar que quedei abraiada desde as primeiras páxinas. Elena nos pasea sobrevoando por un mundo mitolóxico, fantástico, sobrenatural para aterrarnos, sen darnos de conta, na realidade cotiá duns adolescentes e todo iso envolto nunha sutil naturalidade que nos atrapa desde as primeiras liñas ata o final,sen apenas pestanexar. E aí radica a riqueza de súa obra: nunha sinxeleza buscada e conquerida. Dicía o escritor uruguaio recentemente falecido Eduardo Galeano que o mellor crítico da súa obra  foi un lector de Ourense que se lle acercou e lle dixo: “Que difícil debe ser escribir tan sinxelo!”. Os que damos clase aos rapaces sabemos o que lles gusta ler: os libros de misterio, aventuras  e amizade pero sobre todo que os poidan entender sen dificultade, e a Elena a comprenden, por iso triunfa entre eles. Non pensemos que por esa causa a literatura dela é menor, todo o contrario. Ben sabemos que escribir para os nosos rapaces non é tarefa doada, ademais as lindes entre literatura xuvenil e de adultos son cada vez máis difusas. Penso eu que é cousa do espírito con que cada un se enfronta á lectura e á vida.

Ela non intimida nen afasta ao lector con longas parrafadas incomprensibles senón que o seduce coa elegancia das palabras espidas de adornos e a maxia da frase breve que da paso a un furacán de sospeitas e indagacións.

O escritor e xornalista amigo meu, Ramón Loureiro, dicía que el camiñaba polas sombras sen pretender iluminalas. Elena tamén vaga polo descoñecido, pola escuridade  pero sempre aparece  esa luz que se entremete polas verbas e polas pedras e todo o alumea.

Esta escritora bebe das fontes da nosa tradición é dicir, das crenzas celtas, romanas e cristiás que non lle son alleas e penso que ten unha fraternidade especial con outros narradores e poetas da Bretaña e de Irlanda, das terras irmás bañadas polo pai Atlántico.

Cando lin o primeiro dos seus libros veume ao pensamento un poema dun autor hispanoamericano, William Ospina que, van permitirme, lle quero dedicar hoxe á escritora e a todos vostedes.

La luna del dragón

Hablábamos de los dones de la tiniebla.

De los amores muertos.

Cuando se perfiló sobre el Oeste

El oro espeso de la media luna.

“Mira: es la Luna del Dragón” —me dijiste.

Y los dos la miramos

Como si algo terrible pesara sobre el mundo.

El hemisferio gris parecía lleno

De hondos presentimientos.

No había una estrella sobre el mar en calma

De humaredas y torres.

Nadie dijo: “Es la luz que hace al Dragón visible”.

Nadie dijo: “Es la casa donde el Dragón habita”.

Nadie dijo: “Es la luna que ampara a los dragones”.

Miramos simplemente el cuerno rojo.

La sobrehumana forma que doblegaba al cielo.

Y pensamos acaso en los terrores

De la culpa y la fiebre.

“Sólo es la Luna del Dragón” —me dijiste.

Pero algo negro ascendió de mi infancia

Y       di gracias a Dios de no estar solo.

Seguimos en silencio

Mientras las nubes negras cercaban en la hondura

Aquel objeto de alta magia y belleza.

—”Tal vez el nombre viene de las baladas celtas”.

—”Yo no sé por qué pesa y aflige como un sueño”.

Era la Luna del Dragón, y nadie

Parecía comprenderlo.

Iban las multitudes, bulliciosas, urgentes,

Atentas sólo a su pequeño misterio,

Mientras sobre las hondas avenidas

Un oro atroz vertía su intemporal influjo,

Y algo terrible y bello batía sus alas rojas

Como un polvo impalpable sobre las tristes tierras.

WILLIAM OSPINA

Dulce María López Rivera

Deixa un comentario!