Menu Xerais

Unha Galicia en 2050 na que o inglés é lingua cooficial: «Sira e o robot», libro disco bilingüe

Algúns medios como Galicia Hoxe ou El Correo Gallego publican informacións sobre o libro-disco  Sira e o robot (adventures on Titan) de Mark Wiersma e Miguel Mosqueira Fociños, ilustrado por Iván Sende.

 

Xerais edita «Sira e o robot», un libro-disco ambientado en 2050 nunha Galicia na que o inglés é lingua cooficial

A Editorial Xerais editou o libro-disco ‘Sira e o robot. Adventures on Titan’, unha obra ambientada no ano 2050 nunha Galicia na que o inglés foi declarado idioma cooficial xunto co galego e na que “os humanos se comportan como robots”.

A peza, autoría de Mark Wiersma e Miguel Mosquera Fociños e ilustrada por Iván Sende, céntrase na historia de Sira, unha nena de 10 anos cunha forte personalidade e moi imaxinativa que non remata de atopar o seu lugar nesta moderna sociedade.

A nena protagonista ve un día o anuncio dun festival intergaláctico de canción que se vai celebrar en Titán, sexta lúa do planeta Saturno, e decide buscar o modo de viaxar alí para participar.

Ao estilo dos musicais, as cancións –editadas nun CD que acompaña á publicación– intercálanse de xeito natural na narración, converténdoa nun libro para “ler e escoitar”.

Deixa un comentario!